Uvas e viños de Galicia

Introducción

A viticultura galega proporciona viños de excelente calidade tanto monovarietais como plurivarietais, baseados en castes de uvas ancestrais anteriores á praga da filoxera.

Os brancos son os máis coñecidos, coa variedade albariño como protagonista nas Rías Baixas; no Ribeiro mestúranse variedades, con predominio da treixadura; mentres que no interior de Galicia (Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei) predomina a godello. Outras castes arraigadas desde antigo, sobre todo nos viños plurivarietais, son a torrontés, a caíño branco, a loureira, dona branca e lado. Nas demarcacións cualificadas como Viños da Terra destaca a variedade branca lexítima.

Nos tintos, a variedade mencía é a raíña na Ribeira Sacra e Valdeorras, e a máis cultivada en zonas onde predominan os brancos como Monterrei ou o Ribeiro. Xunto a esta úsanse outras variedades prefiloxéricas como sousón, caíño (longo, bravo e tinto), brancellao e merenzao. Tamén castes ancestrais minoritarias se están a recuperar nas súas zonas de orixe como a espadeiro, castañal e pedral nas Rías Baixas, ferrón no Ribeiro e mouratón na Ribeira Sacra.

A produción dos viños plurivarietais pódese completar con outras uvas: os brancos con palomino, albillo e chenín branco; os tintos con garnacha e tempranillo.

A produción comeza a diversificarse coa comercialización de viños espumosos e a recuperación do viño tostado, un viño doce obtido das mellores uvas.

Viños

Hai distintas categorías de viño que se producen nesta terra, todos de excelente calidade. Os brancos e os tintos son os máis comúns, pero, aos poucos, algunhas denominacións van recuperando os viños tostados ou introducindo os espumosos. Para enmarcarse dentro dunha denominación de orixe ou dentro dunha indicación xeográfica protexida, cada viño debe ter unha porcentaxe determinada das distintas variedades de uva.

RÍAS BAIXAS
RIBEIRA SACRA
RIBEIRO
MONTERREI
VALDEORRAS
IGP BARBANZA IRIA
IGP VAL DO MIÑO-OURENSE
IGP BETANZOS
IGP RIBEIRAS DO MORRAZO

Rías baixas

Uvas BRANCAS

PREFERENTES
  • Albariño
  • Loureira / Loureria branco / Marqués
  • Treixadura
AUTORIZADAS
  • Caíño branco
  • Torrontés
  • Godello

Uvas TINTAS

PREFERENTES
  • Brancellao
  • Espadeiro
  • Caíño tinto
AUTORIZADAS
  • Sousón
  • Lourerira tinta
  • Mencía
  • Pedral
  • Castañal

Viños BRANCOS

  • RÍAS BAIXAS ALBARIÑO: Monovarietal. Elaborado 100% con uva albariño.
  • RÍAS BAIXAS: Plurivarietal a partir de variedades brancas recoñecidas.
  • RÍAS BAIXAS BARRICA: Elaborados a partir de calquera variedade branca recoñecida e con estancia en barrica de madeira que se indique no etiquetado.

Dependendo da subzona de producción e variedade de uva utilizada reciben unha denominación diferente:

  • RÍAS BAIXAS CONDADO DE TEA: Igual ou maior a 70% de Albariño e Treixadura.
  • RÍAS BAIXAS ROSAL: Igual ou maior a 70% de Albariño e Loureira.
  • RÍAS BAIXAS SALNÉS: Igual ou maior a 70% de Albariño e Loureira, Treixadura e Caíño branco.
  • RÍAS BAIXAS RIBEIRA DO ULLA: Igual ou maior a 70% e Loureira, Treixadura e Caíño branco.

Viños TINTOS

  • RÍAS BAIXAS TINTO: Elaborado a partir de calquera das uvas tintas recoñecidas.

Viños ESPUMOSOS

  • RÍAS BAIXAS ESPUMOSO BRANCO
  • RÍAS BAIXAS ESPUMOSO TINTO

Ribeira Sacra

Uvas BRANCAS

PREFERENTES
  • Godello
  • Albariño
  • Loureira
  • Treixadura
  • Dona Branca
  • Torrontés

Uvas TINTAS

PREFERENTES
  • Mencía
  • Brancellao
  • Merenzao
  • Sousón
  • Caíño tinto
  • Tempranillo
AUTORIZADAS
  • Garnacha tintorera
  • Mouratón

Viños BRANCOS

  • RIBEIRA SACRA SÚMMUN BRANCO: Elaborado 100% con variedades preferentes.
  • RIBEIRA SACRA SÚMMUN BRANCO BARRICA: Os súmmun brancos cun mínimo de 3 meses en barrica de madeira de 600 litros de capacidade máxima.

Viños TINTOS

  • RIBEIRA SACRA SÚMMUN TINTO: Elaborado cun 85% como mínimo coas variedades tintas preferentes, das cales un 60% é Mencía.
  • RIBEIRA SACRA TINTO: Elaborada cun 70% de variedades tintas preferentes como mínimo.
  • RIBEIRA SACRA SÚMMUN TINTO BARRICA E RIBEIRA SACRA TINTO BARRICA: Viños TINTOS que deberán permanecer un mínimo de 6 meses en barricas de madeira de 500 litros de capacidade máxima.

Ribeiro

Uvas BRANCAS

PREFERENTES
  • Treixadura
  • Godello
  • Albariño
  • Loureira
  • Torrontés
  • Lado
  • Caíño branco
AUTORIZADAS
  • Palomino
  • Albillo

Uvas TINTAS

PREFERENTES
  • Caíño longo
  • Caíño bravo
  • Caíño tinto
  • Ferrón
  • Sousón
  • Mencía
  • Brancellao
AUTORIZADAS
  • Garnacha tintorera
  • Tempranillo

Viños BRANCOS

  • RIBEIRO BRANCO: Maioritariamente Treixadura.
  • RIBEIRO CASTES BRANCO: 100% variedades preferentes.
  • RIBEIRO BARRICA BRANCO: 100% variedades preferentes.

Viños TINTOS

  • RIBEIRO TINTO
  • RIBEIRO CASTES TINTO: 100% variedades preferentes.
  • RIBEIRA BARRICA TINTO: 100% variedades preferentes.

Viños ESPUMOSOS

  • RIBEIRO ESPUMOSO ROSADO
  • RIBEIRO ESPUMOS BRANCO: 100% variedades preferentes tipos Brut e Brut Nature.

Viños TOSTADOS

  • TOSTADO BRANCO: Exclusivamente Treixadura, Loureira, Torrontés, Godello e Albariño.
  • TOSTADO TINTO: Variedades preferentes.

Monterrei

Uvas BRANCAS

PREFERENTES
  • Dona branca
  • Godello
  • Treixadura
AUTORIZADAS
  • Albariño
  • Branca de Monterrei
  • Caíño branco
  • Loureira

Uvas TINTAS

PREFERENTES
  • Mencía
  • Merenzao
AUTORIZADAS
  • Tempranillo (Araúxa)
  • Caíño tinto
  • Sousón

Viños BRANCOS

  • MONTERREI BRANCO: Polo menos 60% variedades preferentes.
  • MONTERREI BARRICA, CRIANZA, RESERVA, GRAN RESERVA: Segundo o seu envellecemento.

Viños TINTOS

  • MONTERREI TINTO: Polo menos 60% variedades preferentes.
  • MONTERREI BARRICA, CRIANZA, RESERVA, GRAN RESERVA: Segundo o seu proceso de envellecemento.

Valdeorras

Uvas BRANCAS

PREFERENTES
  • Godello
  • Loureira
  • Treixadura
  • Dona branca
  • Albariño
  • Torrontés
  • Lado
AUTORIZADAS
  • Palomino

Uvas TINTAS

PREFERENTES
  • Mencía
  • Tempranillo
  • Brancellao
  • Merenzao
  • Sousón
  • Caíño tinto
  • Espadeiro
  • Ferrón
AUTORIZADAS
  • Gran negro
  • Garnacha tintoreira
  • Mouratón

Viños BRANCOS

  • VALDEORRAS BRANCO
  • VALDEORRAS GODELLO: 100% uva Godello.
  • VALDEORRAS GODELLO PRODUCCIÓN CONTROLADA: Uvas procedentes de parcelas con limitación de producción.
  • CASTE NOBRE BRANCO: 85% variedades preferentes.
  • VALDEORRAS BARRICA, CRIANZA, RESERVA, GRAN RESERVA: Segundo o seu proceso de envellecemento.

Viños TINTOS

  • VALDEORRAS TINTO
  • VALDEORRAS MENCÍA: Máis dun 85% de uva Mencía.
  • CASTE NOBRE TINTO: 85% variedades preferentes.
  • VALDEORRAS BARRICA, CRIANZA, RESERVA, GRAN RESERVA: Segundo o seu proceso de envellecemento.

Viños ESPUMOSOS

  • ESPUMOSO BRANCO: Máis dun 85% uva Godello. Tipos Brut Nature, Extra Brut, Brut, Extra Seco, Seco.

Viños TOSTADOS

  • TOSTADO BRANCO: 100% uva Godello.
  • TOSTADO TINTO: 100% variedades preferentes.

IGP BARBANZA IRIA

Uvas BRANCAS

  • Albariño
  • Caiño branco
  • Godello
  • Loureira (Marqués)
  • Treixadura
  • Albarín branco (Branco Lexítimo)
  • Chenín Branco (Agudelo)
  • Torrontés

Uvas TINTAS

  • Brancellao
  • Caiño Tinto
  • Espadeiro
  • Loureiro tintorera
  • Mencia
  • Sousón

VIÑOS BRANCOS E TINTOS MONOVARIETAIS
Elaborados cun mínimo do 85% de uva das variedades (preferentes).

IGP VAL DO MIÑO - OURENSE

Uvas BRANCAS

PREFERENTES
  • Treixadura
  • Torrontés
  • Godello
  • Albariño
  • Loureira
AUTORIZADAS
  • Palomino

Uvas TINTAS

PREFERENTES
  • Mencía
  • Brancellao
  • Mouratón
  • Sousón
  • Caíño Bravo
  • Caíño Longo
  • Caíño Tinto
AUTORIZADAS
  • Garnacha Tintoreira

VIÑOS MONOVARIETAIS
Elaborados cun mínimo do 60% das variedades preferentes.

IGP BETANZOS

Uvas BRANCAS

PREFERENTES
  • Godello
  • Albarín branco (Branco Lexítimo)
  • Agudelo (Chenín branco)
AUTORIZADAS
  • Palomino

Uvas TINTAS

PREFERENTES
  • Mencia
  • Brancellao
  • Merenzao
AUTORIZADAS
  • Gran Negro
  • Garnacha tintorera

Mínimo dun 60% das variedades consideradas como preferentes para elaboración de viños da D.O.

VIÑOS MONOVARIETAIS
Mínimo dun 85% das variedades consideradas preferentes.

IGP RIBEIRAS DO MORRAZO

Uvas BRANCAS

  • Albariño
  • Caiño Branco
  • Godello
  • Loureira
  • Treixadura
  • Branco Lexítimo
  • Torrontés

Uvas TINTAS

  • Brancellao
  • Caiño Tinto
  • Pedral
  • Espadeiro
  • Loureiro Tinto
  • Mencia
  • Sousón

VIÑOS BRANCOS E TINTOS MONOVARIETAIS
Elaborados cun mínimo do 85% da uva (preferentes).