Loureira

SINÓNIMOS: cheiro (España-Galicia), marqués (España-Galicia), loureira blanca (España).

CasteÉ unha variedade de orixe descoñecida, de plantación moi antiga e prezada pola súa riqueza en aromas e sabores orixinais que lembran o loureiro, do que toma o nome, e que lle confiren unha gran personalidade. É a cuarta uva branca das Rías Baixas, a quinta no Ribeiro e ten presenza minoritaria en Monterrei e na Ribeira Sacra.

UvaOs seus acios son de tamaño mediano e grande, cor verde-amarelada, con grans esféricos. Acada boas producións en terreos non excesivamente secos, o seu potencial cualitativo decrece a medida que ascende polas abas. Esta variedade caracterízase polo intenso potencial aromático, complexo e orixinal, con aromas de expresión floral, cítricos e herbas aromáticas frescas.

ViñoOs viños desta caste resultan desequilibrados cunha gradación alcohólica moderada (10-11 graos) e unha pronunciada aresta aceda, polo que non son apropiados para a produción de monovarietais. Adoita mesturarse en proporcións reducidas (5-10%) para complementar variedades mellor estruturadas e achegar delicadeza, elegancia, lixeireza e frescor, con aromas penetrantes que lembran a follaxe outonal. Na subzona do Rosal acostuma empregarse nos plurivarietais que teñen como base a uva albariño.

Loureira

Loureira