Servizos

Exposición permanente

Está organizada en oito salas que permiten coñecer a historia da vitivinicultura en Galicia, as cinco denominacións de orixe do viño galego e a historia do edificio do museo, creado para a produción de viño desde a Idade Media.

Actividades culturais e educativas

O museo programa ao longo do ano diversas actividades culturais, educativas e didácticas relacionadas cos seus contidos.

Tenda

Venda de publicacións propias e produtos promocionais.

Outros servizos

  • Conexión Wi-Fi.
  • Folletos en 6 idiomas.
  • Web.
  • Guías multimedia.
  • Gardarroupa.
  • Ascensor.
  • Aseos adaptados.
  • Cambiador de cueiros de bebe.
  • Ramplas.
  • Servizo de primeiros auxilios.

Consultas técnicas

Calquera persoa interesada poderá facer consultas técnicas ao persoal do museo sobre temas relacionados co contido temático do museo a través de correo postal ou electrónico. informacion-museodovinho.cultura@xunta.gal.

Atención a investigadores

O Museo facilita o acceso dos investigadores ás coleccións, previa solicitude remitida ao centro por correo postal ou electrónico. informacion-museodovinho.cultura@xunta.gal.

Suxestións

As suxestións sobre calquera aspecto relacionado co Museo, poderá facerse de xeito presencial nos formularios habilitados na recepción do Museo ou no enderezo electrónico informacion-museodovinho.cultura@xunta.gal.

Cesión de espazos

O museo dispón dunha sala de usos múltiples para realización de actividades cun aforo de 50 persoas e dotada de tecnoloxía para presentacións, cursos e outros. Tamén dispón unha magnífica terraza con encanto e vistas aos viñedos do Ribeiro. Para a utilización destes espazos deben realizar a solicitude por escrito á dirección do museo por correo postal ou electrónico. informacion-museodovinho.cultura@xunta.gal.