Organiza a túa visita

Información básica

O museo do Viño de Galicia atópase en pleno corazón do Ribeiro, na parroquia de Santo André de Camporredondo, dentro do concello de Ribadavia (Ourense).

Accesos

Santo André de Camporredondo, s/n.
32415 Ribadavia - Ourense.

Dende Vigo / Ourense: A-52 Autovía das Rías Baixas. Saída 252 dirección OU-406 / Ribadavia. N-120 Logroño - Vigo. Estrada OU-211 a Santo André de Camporredondo.
Dende Santiago: AP-53. Saída 73 dirección Carballiño. OU-504 16 km. ata a OU-211 á esquerda, 3'1 km.
Dende Ribadavia: OU-211. 5,5 km.
Dende Lugo: N-540 - N-525. 108 km.
Dende Carballiño: OU-504. 11 km ata a OU-211 3,1 km.
Coordenadas: 42.321185, -8.109265.

 

Horario

XOVES
De 10 a 14.30 h.

DE VENRES A DOMINGO
INVERNO (do 1 de outubro ao 31 de maio):
de 10 a 14.30 e de 16 a 19.30 h.
VERÁN (do 1 de xuño ao 30 de setembro):
de 10 a 14.30 e de 17 a 20.30 h.

PECHADO
1 de maio, 25 de decembro e 1 de xaneiro.

Horarios especiais

SEMANA DO 18 DE MAIO (Día internacional dos museos)
De luns a domingo, de 10 a 14.30 e de 16 a 19.30 h.

MOSTRA DO TEATRO DE RIBADAVIA
De luns a domingo, de 10 a 14.30 e de 17 a 20.30 h.

FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO E FESTA DA ISTORIA
De 10 a 21.00 h.

FESTIVOS DA CONSTITUCIÓN
De 10 a 14.30 e de 16 a 19.30 h.

PASCUA (DE XOVES A DOMINGO)
De 10 a 14.30 e de 16 a 19.30 h.


Normas

  • Está permitido tomar imaxes para uso particular sen flash, sen trípode ou pau para selfies. Para usos profesionais deberá contar coa oportuna autorización.
  • Pódese acceder ao museo con carros e cadeiras de bebés.
  • Non está permitida a entrada de mascotas ao museo. Si se permite a entrada de cans-guía.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas nos espazos interiores. O museo dispón de espazo de descanso no exterior.
  • Non está permitido o acceso ás salas con vultos grandes (> 35x35 cm), paraugas ou obxectos punzantes. Dispoñemos de armarios onde deixar este tipo de obxectos.
  • Non toque os obxectos do museo, respecte o mobiliario e evite apoiarse nas vitrinas e varandas.
  • Se vén con rapaces procure que estean xunto a vostede e explíquelles a importancia de non tocar os obxectos. Non deixe que corran polas salas.
  • Segundo a normativa vixente, non está permitido fumar no interior do museo.

Visitas guiadas

Individuais
Ás 11:00 e ás 17:30h.

Para familias
En fins de semana, ás 12:00 e ás 18:00h.

Para grupos
Dispoñible con solicitude previa para un mínimo de 10 persoas.

Reserva
informacion-museodovinho.cultura@xunta.gal.

Teléfono
(+34) 988 783 075.

Visita virtual

A visita virtual ofrece unha visión global sobre a historia da vitivinicultura en Galicia. A través deste paseo, o visitante pode facer unha visita panorámica das 8 salas do museo e coñecer ás súas coleccións. Tamén poderá apreciar a riqueza da súa proposta museográfica, que integra ao propio edificio no seu discurso expositivo, un edificio concibido dende a Idade Media como unha gran fábrica de viño cos seus cinco lagares e a súa adega escavada en pedra.

Visita virtual


Accesibilidade

Portas

PORTAS

A reixa da entrada e a porta que dan acceso ao museo teñen ocos de paso de anchura axeitada. Non hai portas en todo o percorrido expositivo, o que facilita a accesibilidade e a circulación.

Ramplas

RAMPLAS

A entrada ao museo dispón dunha rampla para o desnivel do terreo con varanda e pendente axeitada para cadeiras de rodas e carriños de bebe.

Ascensor

ASCENSOR

Existe un ascensor que comunica todas as plantas do museo incluída a adega do soto.

Mostrador

MOSTRADOR

O mostrador da recepción ten unha altura axeitada que permite a aproximación de persoas en cadeiras de rodas ou de baixa estatura.

Asentos

ASENTOS

Existen bancos na zona da terraza do museo, na planta principal, na planta dos lagares e nalgunhas salas expositivas. Tamén na entrada, xunto á zona do taboleiro informativo de eventos e actividades relacionadas co mundo do viño en Galicia.

Aseos adaptados

ASEOS ADAPTADOS

Existe un aseo adaptado na entreplanta do museo que conta tamén con cambiador de cueiros para bebés.

Terrazas

TERRAZAS

O Museo pon a disposición dos visitantes a súa gran terraza con vistas ao viñedo para descansar e conversar.

Lingua de signos

LINGUA DE SIGNOS

Todos os audiovisuais do museo presentan lingua de signos. A guía multimedia do museo tamén dispón de signoguía para facilitar a visita audioguiada ao museo das persoas xordas.

APP Museo do Viño

APP MUSEO DO VIÑO

O museo ofrece gratuitamente aos seus visitantes unha APP multimedia: Museo do Viño de Galicia con audiodescrición, linguaxe de signos e audio subtitulado.

Descarga gratis a app “Museo do Viño”. Dispoñible para IOS e Android.

APP QR


Guía multimedia

  • A GUÍA MULTIMEDIA do Museo do Viño de Galicia é un dispositivo que mellora as prestacións das tradicionais audioguías, transmitindo a información sobre a exposición en diversos formatos: texto, imaxe e audio.
  • Ofrece dous tipos de visita: a visita completa (60 min) e a visita completa con xogos (90 min), accesibles en tres idiomas: galego, castelán e inglés.
  • O dispositivo (tableta) que contén a guía é de préstamo gratuíto, e pódese recoller e devolver na recepción ao finalizar a visita.
  • A guía é accesible e inclúe audiodescrición, linguaxe de signos e audio subtitulado.

App

  • APP MUSEO DO VIÑO DE GALICIA. Como alternativa ao dispositivo de préstamo coa guía multimedia, o museo ofrece unha aplicación gratuíta para móbiles e tabletas IOS e ANDROID con contido ampliado: ademais das visitas, inclúe as rutas do viño das cinco denominacións de orixe de Galicia: Ribeira Sacra, Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas e Monterrei.
  • En cada itinerario ofrécese unha listaxe e un mapa interactivo con xeolocalización que enlaza con google maps para chegar aos establecementos, con información enoturística: adegas, oficinas de turismo, feiras do viño, museos, oferta de actividades de lecer, monumentos asociados á cultura do viño, restaurantes, hospedaxes e comercios adheridos á ruta.
  • Esta APP descárgase desde App Store e Google Play.
  • Coa APP das cinco rutas do viño, o público vivirá unha experiencia de enoturismo completa. A aplicación conduce polos territorios das diferentes denominacións de orixe do viño de Galicia e recolle as webs das adegas e establecementos das rutas para que o usuario poida consultar as opcións de enotuturismo que ofrecen, ademais de guiar polas extensións de viñedos e o rico patrimonio vitivinícola.