Garnacha Tintoreira

SINÓNIMOS: tintureira, alicante henri bouschet, tintorera, tintoria.

CasteEsta variedade repártese amplamente por distintas zonas da península e distínguese pola súa polpa coloreada e capacidade colorante. Variedade de porte ergueito e vigor medio, moi fértil e de producións altas. O seu ciclo vexetativo é longo cunha agromada temperá e maduración tardía polo que necesita climatoloxías con abundantes horas de sol. É moi sensible ao mildio, á excoriose e ao vento, moderadamente á botrite, e pouco ao oídio e á seca.

UvaAs bagas son uniformes, esféricas, de cor azul/vermella/negra; pruína media, embigo pouco aparente, separación do pedicelo doado e presenza de anel. Sección transversal da baga, circular; polpa coloreada con intensidade forte, substanciosa, branda e sen ningún sabor particular.

ViñoOs viños que produce teñen unha moi importante carga cromática e unha importante expresión vexetal cando non acada a maduración necesaria. Mantén moi ben a acidez e achega bos aromas froiteiros e florais. Adoita utilizarse mesturada con outras variedades para achegar cor e acidez.

Garnacha Tintoreira