SINÓNIMOS: amaral (Portugal), azal tinto (Portugal).
É unha variedade escasa que se produce unicamente no Ribeiro, onde ten pouca presenza. Adoita mesturarse para conseguir unha achega aromática froiteira e cítrica.
Bagas uniformes, case sempre esféricas, de cor azul-negra; pruína media, embigo pouco aparente, separación do pedicelo con facilidade e presenza de anel. Sección transversal da baga, circular; polpa non coloreada, substanciosa, branda, sen ningún sabor particular.
Dá viños de intenso frescor, con aromas cítricos e froiteiros, viva acidez en boca e estrutura lixeira.