Caíño Tinto

SINÓNIMOS: tinta femia (España-Galicia), borraçal (Portugal).

CasteA caíño tinto é unha variedade tinta autóctona das terras galegas, cultivada en Galicia e no norte de Portugal. É unha cepa dunha alta fertilidade e de agromada temperá, o que fai que lle afecten moito as xeadas. Tamén é sensible á botrite e moito ao oídio. Un ciclo de maduración longo esixe que as cepas, e non directamente os acios, estean expostas á maior insolación posible.

UvaOs acios son de compactidade media, cónicos e sen ás. As bagas son de tamaño uniforme, de forma esférica, de cor azulada-negra e uniforme. O nivel de pruína é medio e o seu embigo xeralmente pouco aparente. A polpa da baga non é coloreada, sendo substanciosa, branda e sen sabores particulares. O pedicelo da baga sepárase doadamente e presenta anel.

ViñoOs viños da variedade caíño tinto utilízanse habitualmente en mesturas para complementar outras variedades de maior estrutura. En elaboracións monovarietais ou empregada como uva base, a caíño tinto dá viños novos de intensos aromas afroitados e florais, frescos e cun bo paso en boca. Os viños monovarietais caíño tinto crianza adquiren unha cor vermella picota e aromas a froitas vermellas maduras. En boca son viños cunha boa estrutura e con corpo.

Caíño Tinto

Caíño tinto