Pedral

CasteÉ unha variedade minoritaria tradicional da D. O. Rías Baixas, subzona do Condado. Planta pouco vigorosa, de porte ergueito e fertilidade moi baixa. Ten acios de tamaño medio e compactos.

UvaAs súas bagas son de tamaño mediano, cor azul avermellada e particulares sabores froiteiros. Ten bos índices de contidos fenólicos, taninos, alcohol e acidez. É pouco resistente á seca e adáptase a chans frescos con altos contidos de arxila. Prefire podas longas para obter producións aceptables. Mestúrase con outras uvas, aínda que tamén hai monovarietais.

ViñoTrátase de uvas que, soas, dan viños máis ben rosáceos. Cando están completamente maduras, tenden a amosar tons escuros, pero non totalmente negros. Proporciona viños de calidade, aromáticos, lixeiros, suaves, afroitados, harmoniosos e de cor rubí, de grao alcohólico medio, complexos no nariz, con aromas de especias, herbas, abruños, froitos secos e froitos silvestres. Acidez entre media e alta. Son viños que dan bos resultados cando envellecen en barrica.

Pedral