SINÓNIMOS: xerez/jerez (Galicia, España), blanca extra (España-Asturias), palomino fino (España-Andalucía).
Variedade de uva foránea autorizada soamente nas denominación de orixe Ribeiro e Valdeorras. Utilízase como complementaria para a elaboración de viños plurivarietais. Foi introducida en Galicia a principios do século XX, logo da práctica destrución do viñedo polo oídio e a filoxera. Actualmente en proceso de eliminación, a favor das variedades propias da zona.
Variedade de porte rastreiro, de alta fertilidade e produtividade con agromada e ciclo de maduración medios, adáptase ben ao terreo seco e necesita unha boa insolación. Presenta alta sensibilidade ao mildio e media á botrite e ao oídio.
Esta variedade produce viños de menor calidade e non se adapta moi ben á climatoloxía galega. Xera viños sinxelos, pouco expresivos e de baixa gradación e acidez, con tendencia á evolución oxidativa.