Caíño longo

SINÓNIMOS: torneiro (Galicia), caíño redondo (España-Galicia), couxo (España-Galicia).

CasteÉ unha das variedades tintas autóctonas máis típicas do Ribeiro, única zona de produción. Caracterízase polo seu gran potencial aromático e non adoita utilizarse como monovarietal pero é moi común como complementaria, achegando aos viños complexidade e intensidade aromática. Agronomicamente é unha variedade produtiva de porte horizontal, resistente á seca e adáptese ben a terreos pouco fértiles, aínda que con importantes necesidades de potasio. Admite podas curtas e necesita boa insolación pero non directa ao acio, xa que é sensible ao golpe de sol. É medianamente sensible ao oídio, botrite e excoriose.

UvaBagas uniformes, con forma elíptica-curta, de cor azul-negra; pruína media, embigo pouco aparente, separación do pedicelo con dificultade media e presenza de anel. Sección transversal da baga, circular; polpa non coloreada, substanciosa, branda, sen ningún sabor particular.

ViñoDá viños ledos que se expresan moi aromáticos, frescos e de estrutura media. O seu grao alcohólico adoita roldar o 12 % e conserva unha boa acidez. A súa utilización normalmente é como complementaria mesturándose con outras variedades de maior estrutura. Proporciona viños novos moi interesantes con aromas intensos afroitados e florais, de paso amable e fresco. En boca contribúe á elabo¬ración de viños moi frescos e elegantes de estrutura media.

Caíño Longo

Caíño longo