Torrontés

SINÓNIMOS: boal cachudo (Portugal), boal da graciosa (Portugal), boal da madeira (Portugal), malvasía fina (Portugal), assario branco (Portugal).

CasteVariedade moi antiga que estivo moi estendida por toda a Península Ibérica. Actualmente é a segunda variedade branca no Ribeiro e con presenza minoritaria nas Rías Baixas e na Ribeira Sacra.

UvaTen o gran pequeno que fai os acios moi apertados. O nacemento desta caste é precoz polo que é sensible ás xeadas primaverais no Ribeiro. Ciclo de maduración curto. Variedade moi produtiva, moderadamente sensible ao mildio e ao oídio, e moi sensible á botrite.

ViñoOs viños que produce son moi aromáticos e peculiares, con notas en nariz predominantemente froiteiras e florais. O torrontés é de gran finura e require o soporte doutras variedades máis rexias e estruturadas que garantan unha máis prolongada conservación. Por iso acostuma empregarse para darlles complexidade ás distintas mesturas sendo escasos os viños monovarietais desta uva. Combina ben con treixadura e lado.

Torrontés

Torrontés