SINÓNIMOS: caíño blanco: cainho de moreira (Portugal).
É a segunda variedade branca das Rías Baixas, fundamentalmente na zona do Rosal (Pontevedra). Tamén está presente no Ribeiro, pero de forma minoritaria.
O acio é pequeno, de ciclo longo, agromada temperá e maduración tardía. É unha uva delicada e sensible á botrite. Utilizase no Ribeiro como complemento doutras castes, e achega aromas de mazá e notas florais.
Produce viños de gradación alcohólica media e equilibrados en acidez. Achega ao viño unha primeira impresión aromática tropical e, grazas á súa capacidade de expresión do solo, mostra notas terrosas agradables. A súa acidez achégalle frescura e outórgalle lonxevidade ao viño. Mestura ben con outras uvas como albariño, treixadura, loureira branca, lado, torrontés ou godello.
