Mencía

SINÓNIMOS: xaén (Portugal).

CasteÉ a caste de uva tinta máis cultivada en Galicia, raíña da Ribeira Sacra e Valdeorras, e a tinta máis plantada noutras denominacións onde predominan as uvas e os viños brancos como Monterrei e Ribeiro. Nas Rías Baixas é a segunda tinta autóctona.

UvaA mencía é unha uva de nacemento temperán, de ciclo curto polo que madura con facilidade e sensible ás xeadas tardías. De fertilidade e produtividade alta. Acios pequenos e compactos, con baias de tamaño medio en forma elipsoidal, regular na súa sección transversal e de pel grosa.

ViñoOs viños monovarietais que produce son finos, elegantes e afroitados. Emprégase tamén para a elaboración de viños novos de gran calidade, de paso amable e aromáticos. Son de cor cereixa intensa, brillantes e cun reberete púrpura. Afroitados, suaves e saborosos en boca, acidez equilibrada con notas de froitos vermellos maduros, intensidade media e persistencia prolongada. Mestúrase con outras uvas tintas autóctonas para unha maior complexidade e estrutura, ademais dunha mellor evolución do viño no tempo.

Mencía

Mencía