Sousón

SINÓNIMOS: loureira tinta (España-Galicia), tintilla (España-Galicia), tinta país (España-Galicia), verdello tinto (España-Galicia), pazao (Portugal), vinhao (Portugal).

CasteSegunda variedade tinta máis plantada en Galicia. É a primeira das tintas nas Rías Baixas e a segunda no Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei. Aínda que na D. O. Rías Baixas diferencian as variedades sousón e loureira tinta, a Misión Biolóxica de Galicia identifícaas como a mesma variedade porque teñen o mesmo ADN.

UvaPlanta de baias esféricas con pouco vigor, resistente á seca, con fertilidade media e pouca produtividade. Ciclo de maduración longo e moi sensible ao oídio, media ao mildio e baixa á botrite. Os acios da sousón son de tamaño pequeno e presentan unha compacidade media. As bagas son circulares, de tamaño pequeno e cor azul moura. A pel é de grosor medio a fino.

ViñoOs viños elaborados con sousón poden acadar altas gradacións alcohólicas, entre 12,5 e 14 graos e unha boa acidez. Evolucionan ben e son moi aptos para a crianza en barrica. Cunha excelente estrutura e intensa coloración, aromaticamente destaca polas notas de froitos negros e florais de intensidade moderada. Son viños que evolucionan moi ben en botella, polo que son moi aptos para a crianza en madeira. Habitualmente mestúrase con outras uvas tintas polo seu gran potencial polifenólico e complexidade aromática, aínda que se incrementa a tendencia actual para utilizar esta caste en sorprendentes viños monovarietais.

Sousón

Sousón