Lado

CasteÉ a sexta variedade branca do Ribeiro, moi escasa e recuperada nos últimos anos na comarca da Arnoia.

UvaAcios pequenos formados por grans elípticos comprimidos e de gran fertilidade. A súa xerminación é media-tardía e o seu ciclo de maduración e fertilidade de nivel medio. É unha variedade moi sensible á botrite e ao oídio e, medianamente, ao mildio.

ViñoEsta uva acada con facilidade altas gradacións alcohólicas (13 graos) cunha alta acidez polo que os seus mostos son semellantes aos do albariño con aromas máis penetrantes de tipo floral aínda que menos sofisticados. No Ribeiro emprégase mesturada con outras uvas autóctonas de maior estrutura e volume, como a torrontés, o que lle achega complexidade e frescura ao conxunto. Proporciona viños afroitados, de intenso potencial aromático, equilibrados e de singular delicadeza.

Lado

Lado