Merenzao

SINÓNIMOS: bastardo (Galicia), carnaz (España-Galicia), domingos pérez (España-Galicia), verdejo negro (España), pecho (España-Galicia).

CasteÉ a terceira caste da Ribeira Sacra e unha variedade tan ancestral como a brancellao, ou pode que máis, onde a súa recuperación aínda é tímida. Está presente pero en menor medida en Monterrei e Valdeorras.

UvaA cepa presenta un pámpano semirrastreiro con acios pequenos, cónicos e compactos, de maduración precoz, o que achega aos viños madureza e moita personalidade. Bagas uniformes, con forma elíptica-curta, de cor azul-negra, con pel de grosor medio. Polpa non coloreada, saborosa, branda, sen ningún sabor particular. As viñas son de boa fertilidade e agromada temperá polo que é sensible ás xeadas primaverais. De escaso desenvolvemento e baixo rendemento. Uvas de cor vermella-violeta escura con forma elíptica curta, moi delicadas e sensibles aos ácaros, ao oídio e, pola compacidade do acio, á botrite en caso de precipitacións tardías en época da vendima.

ViñoVariedade de baixa acidez que produce viños de elevada gradación (valor medio 13,6 %) e baixa acidez (valor medio de 5,1 g/l). Os viños son de tonalidade azul denegrida, con aromas a froitos negros do bosque, especiados e minerais. Viños plurivarietais e monovarietais na Ribeira Sacra de gran calidade.

Merenzao

Merenzao