Castañal

SINÓNIMOS: tinta castañal (España-Galicia), rabo de cordeiro (España-Galicia).

CasteA tinta castañal é unha variedade minoritaria tradicional da comarca do Baixo Miño, na subzona do Rosal da D. O. Rías Baixas, única no mundo, en perigo de desaparición e en proceso de recuperación. Da antigüidade do seu cultivo dan proba, en primeiro lugar, a existencia nesta zona de exemplares centenarios vivos (200 ou 300 anos), e o feito de que o nome desta variedade apareza citado en publicacións de principios do século XX como unha das castes tintas de maior tradición no sur da provincia de Pontevedra. Na actualidade existen viticultores que aínda conservan cepas centenarias para a elaboración de viño de autoconsumo e adegas que fomentan a súa recuperación.

UvaPlanta de rendemento medio, de acios pequenos e apertados de cor azul violácea intensa.

ViñoAdmite maceracións longas para lograr extraer todo o seu potencial aromático, moi boa para viños novos. Os viños son de cor vermella rubí, intensa e con aromas de froitas vermellas, amorodo, cereixa e framboesa, froitas maduras, especiados e herbáceos, frescos cun carácter atlántico.

Castañal

Castañal