Albariño

SINÓNIMOS: abelleiro (España-Galicia), alvarinho (Portugal), galego (Portugal), galeguiño (Portugal).

CasteÉ a variedade de uva branca máis cultivada en Galicia. Predomina sobre todo nas Rías Baixas, xa que acada no clima e no solo propio desta zona a súa máxima expresión cualitativa. No Ribeiro, Monterrei e na Ribeira Sacra cultívase como variedade complementaria.

UvaDe acios pequenos formados por grans miúdos e esféricos, con tons dourado-escuros na súa madurez, posúe unha notable fertilidade. O seu carácter atlántico maniféstase no seu temperán afloramento, que a fai moi sensible ás xeadas primaverais, e na necesidade de condicións ambientais moderadas para a súa correcta maduración.

ViñoPosúe unha gran capacidade na produción de azucres, superando o 12 % de volume de alcohol. Acada unha riqueza en ácidos, compoñentes aromáticos e sápidos que moi poucas variedades no mundo conseguen. Nas Rías Baixas produce magníficos viños monovarietais e, mesturada con outras autóctonas como a caíño branco, treixadura ou loureira, excelentes plurivarietais. Nas outras denominacións de orixe utilízase como variedade complementaria dos viños plurivarietais.

Albariño

Albariño