SINÓNIMOS: verdello (España-Galicia), gouveio (Portugal).
Orixinaria das ladeiras do río Sil, é a principal uva branca cultivada en Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra, terceira do Ribeiro e quinta das Rías Baixas.
O seu nacemento é moi precoz polo que é a primeira en ser vendimada e é moi sensible ás xeadas tardías polo seu curto ciclo de maduración. Moi produtiva adáptase ben ás ladeiras secas e cálidas, e tolera ben o estrés hídrico. Os acios son pequenos e compactos con grans elípticos de pel moi fina e cor verdosa. Variedade moi completa que se utiliza soa ou como complemento e base da mestura.
Os viños teñen cor amarela e dourada, boa acidez, gradación alcohólica media de 12,5 graos, sólida estrutura, amplitude en boca, expresión aromática afroitada e capacidade de conservación. Son importantes os monovarietais de Valdeorras e Monterrei, ás veces acompañados de dona branca. Nas outras denominacións de orixe, a godello habitualmente mestúrase con outras variedades autóctonas.