Ferrón

SINÓNIMOS: caíña do freixo (España-Galicia), ferrol (España-Galicia), espadeiro mole (Portugal).

CasteÉ unha variedade escasa chamada tamén ferrol e que se produce unicamente no Ribeiro onde é a quinta variedade tinta en produción.

UvaVariedade difícil, con fertilidade e produtividade medias. Acios medianos, compactos e moi curtos. As uvas son uniformes, esféricas, de pequeno tamaño e coloración azul-negra. Polpa non coloreada, lixeiramente dura e moi zumarenta. Relativamente sensible á seca e moi sensible ao vento e ao golpe de sol. Boa resistencia ao mildio e baixa á botrite e ao oídio.

ViñoDá viños ácidos, equilibrados, frescos, con moita personalidade, e pouco alcohólicos, que desprenden aromas intensos e penetrantes con notas a froita vermella, amorodos, cereixas, herbas aromáticas e especias. Como é común no Ribeiro adoitase usar como complementaria doutras variedades autóctonas, como a merenzao e a brancellao pero é apta para elaboracións monovarietais.

Ferrón

Ferrón