Araúxa

SINÓNIMOS: tempranillo (España).

CasteEsta variedade repartida por toda a península ten pouca presenza nas zonas produtivas de Galicia. É unha variedade moi completa e versátil aínda que a súa escasa produción abócaa a utilizarse como complementaria. Ten porte ergueito, produtividade media alta e de ciclo curto e obtense nas denominacións de orixe ourensás con maduracións boas e equilibradas. A súa época de desborramento é temperá o que a fai sensible ás xeadas primaverais. É sensible ao oídio, medianamente resistente á excoriose. Tolera mal o vento e a súa resistencia á seca é moderada.

UvaA uva ten unha pel grosa, con bagas de cor negra azulada. Cultívase en altitudes relativamente altas e é sensible ás secas, inclemencias meteorolóxicas e altas temperaturas. Os mellores viños adoitan conseguirse a partir de uvas cultivadas en zonas de alta insolación e con temperaturas nocturnas frías.

ViñoOs viños que produce son maduros e poden acadar altas gradacións, con boa expresión aromática, contido polifenólico medio e acidez lixeiramente escasa. Adoita mesturarse con outras variedades autóctonas con maior contido ácido ou polifenólico en función do tipo de viño que se vai desenvolver, achegando ao conxunto un bo potencial alcohólico, corpo e complexidade aromática.

Araúxa

Arauxa