Espadeiro

SINÓNIMOS: areal, espadal, espadeiro, espadeiro da tinta, padeiro de basto, padeira de basto e tinta pobres.

CasteFoi a caste tinta prefiloxérica raíña do Val do Salnés (D. O. Rías Baixas), tradicionalmente, terra de viños tintos ata os anos oitenta do século XX en que a uva albariño colonizou as terras por ser máis rendible e se arrincaron plantacións enteiras. Desde hai uns anos algunhas adegas desta zona comezaron a traballar na súa recuperación.

UvaPlanta de porte ergueito. Con fertilidade, produtividade e resistencia media á seca. Acios de tamaño mediano e bagas de cor vermella azulada intensa, pel fina e polpa non coloreada. Resistente a pragas e enfermidades. Adoita empregarse mesturada, como complemento, con outras castes da zona.

ViñoProduce viños con corpo, de grao alcohólico medio, cor cereixa escura, aromas froiteiros intensos cun certo ton a especias, acedume alta e de calidade. Elabórase como viño novo mesturado con outras variedades. É excelente para elaborar como monovarietal cun lixeiro paso por barrica de carballo.

Espadeiro