Dona Branca

SINÓNIMOS: branca de Monterrei (España-Galicia), doña blanca (España), cigüente (España-Estremadura), moza fresca (España-Galicia), síria (Portugal).

CasteÉ a cuarta uva branca por importancia en Monterrei e está presente de forma minoritaria na Ribeira Sacra e Valdeorras. Tamén é coñecida como moza fresca.

UvaTen acios de tamaño grande-mediano, compactos e de maduración precoz, con bagas ovaladas e grandes de cor verde amarelenta, de resistencia baixa ás enfermidades. É resistente ás xeadas primaverais, pola súa agromada tardía, e especialmente sensible aos ácaros. Ten bo rendemento na cantidade de produción e por prensado. Isto significa que os viños que dará son neutros e sensibles á oxidación do mosto.

ViñoAdquire unha gran concentración de azucre e acidez e produce viños novos, afroitados de aromaticidade media e retrogusto prolongado. Pode usarse para facer viño monovarietal ou mesturarse con outras variedades. O seu poder aromático a cítricos mellora coa maceración en frío.

Dona Branca

Dona branca