Treixadura

SINÓNIMOS: trajadura (Portugal).

CasteÉ a segunda uva branca de Galicia, a principal do Ribeiro e a terceira en produción en Monterrei, Rías Baixas e Ribeira Sacra, aínda que nesta última con moita menor produción. É unha das castes máis antigas de Galicia, da que se coñece a súa primeira referencia histórica no século XVIII.

UvaVariedade de agromada e maduración serodia, sensible á altitude e que obtén os mellores resultados co cultivo en vales e abas secas e solleiras. Fertilidade media. Acio de tamaño medio e pequeno, con grans elípticos e apertados, de tons dourados con reflexos violáceos, o que xustifica o nome de verdello rubio co que tamén é coñecida. Pel grosa e de relativa dureza que lle dá nome.

ViñoOs viños que produce son moi aromáticos, equilibrados e peculiares con notas froiteiras e florais. Esta uva de gran calidade pode acadar os 12-13 graos de alcohol, cunha acidez importante. Variedade nobre por excelencia no Ribeiro. Aínda que se poden atopar viños monovarietais de treixadura, a maioría son elaborados mesturados con outras variedades autóctonas como torrontés, godello, loureira, lado e albariño, entre outras.

Treixadura

Treixadura