Mouratón

SINÓNIMOS: negreda (España-Galicia), juan garcía (España-Castilla León).

CasteÉ unha variedade minoritaria tradicional da Ribeira Sacra.

UvaAcios moi compactos. pequenos e con moito peso. Pedicelos curtos. Bagas grandes, elípticas, coa epiderme de ton azulado mouro, con polpa non coloreada e con pebidas. Planta vigorosa, porte horizontal-semiergueito. Fertilidade media-alta. Medianamente resistente á seca, adaptada a terreos profundos e arxilosos. Sensible ao oídio e á botrite. De agromada tardía, o que evita o risco das xeadas. Trátase dunha uva que non presenta unha elevada gradación alcohólica nin tampouco unha alta acidez. Posúe boas aptitudes para a vinificación.

ViñoEstas uvas confírenlle ao viño unha singularidade e tipicidade únicas e inconfundibles, dándolles un carácter especial, no que se remarca a súa compasada estrutura e suavidade. O viño é de cor vermella púrpura brillante. Complexo e elegante abano aromático, de froiteiras fragrancias de bagas e froitos carnosos moi maduros, con rechamantes toques especiados, que producen, como resultado final, un viño equilibrado e especialmente dotado para a crianza.

Mouratón