Blog
Nesta segunda entrada sobre a Feira do Viño, falamos con Paco, un veciño de Ribadavia que contaba con tres anos na primeira edición.
Dos seguintes anos son moitas as cousas das que nos falou, as cales transcribimos aqui abaixo:
-Lembras se era unha data sinalada para toda a familia ou era un…
Neste blogue xa se adicou unha entrada ao viño tostado, sen embargo, hoxe queremos enfocar este pequeno estudo ao papel que este ocupou na literatura galega do último século.
O viño tostado foi e segue sendo símbolo do Ribeiro. Coñecido como viño exclusivo da fidalguía galega, moitas foron as verbas que os máis ilustres dos escritores e escritoras galegas adicaron a este zume.
A memoria faise falando. Baixo esta premisa queremos comezar cun ciclo de publicacións adicadas o testemuño da xente que máis preto tivo as primeiras edicións da Feira do Viño do Ribeiro. Este foi un tempo de cambio e de innovacións que marcou o porvir da xente e da zona. É claro que xa, moitas das persoas que daquelas participaron activamente na organización xa non están entre nós, e con elas fóronse tamén os seus recordos. É por este pensamento que cremos necesario deixar en palabras o que a xente nos quere contar. …
Incluso aos viños de peor calidade debemos facerlles un oco, incluíndo a aqueles que desafortunadamente ocupaban o escalafón máis baixo da pirámide dos consumidos na Antigüidade.
A lora ou augapé, nomes polos cales tamén é coñecido este viño, elaborábase co bagazo sobrante tralo prensado da uva, ao cal se lle engadía unha porción de auga e a continuación deixábase repousar durante un día enteiro. Despois, sometíase a un segundo prensado para conseguir o resultado final que, como ben nos podemos imaxinar, sería un viño frouxo e quizais non demasiado agradable ao…
O pasado luns rematou Semana Santa, conmemoración da paixón de Cristo na cultura cristiá. A maior parte de nós, ao falar de paixón, aparécensenos na imaxinación certos momentos concretos: un campo de oliveiras, Xudas bicando a Xesús, a subida ao monte Gólgota…, etc. Unha destas imaxes é, sen dúbida, a derradeira cea dos apóstolos con Xesús.
As Denominacións de Orixe (D.O.) en Galicia son áreas xeográficas específicas que teñen condicións climáticas, xeográficas e culturais particulares que inflúen nas características únicas dos produtos agrícolas da rexión. Aínda que a temperatura non é o único factor que afecta a estas denominacións, ten unha influencia significativa no desenvolvemento das uvas e outros cultivos. Aquí hai unha breve descrición das cinco Denominacións de Orixe de Galicia e como a temperatura pode afectalas.…
Nado probablemente na cidade de Zamora no 1240, foi un intelectual franciscano estreitamente relacionado coa Corte Real. Comezou os seus estudos en Santiago de Compostela e, aproximadamente no 1273, foi enviado a París para continuar coa sua formación. Foi tanto escritor enciclopédico, especializado en medicina, historia, música, bioloxía e gramática, como espiritual, compoñendo poesías e sermóns. Foi “scriptor” de Alfonso X, quen parece encomendarlle a educación do seu segundo fillo, Sancho IV, a quen lle adica a súa obra…
O Fondillón é un viño español único e especial, coñecido pola súa rica historia e proceso de elaboración. Elabórase principalmente na rexión de Alacante, na costa leste de España. Aquí tes algúns aspectos clave deste tipo de viño:
O Tunbo de las viñas de Rribadavuia é un pergameo en lingua vernácula que contén tres textos escritos entre os séculos XIII e XIV. Producido no Mosteiro de Melón e depositado na Catedral de Ourense. Trátase dun rolo composto por catro anacos de coiro, tres deles cosidos entre si e o cuarto engadido posteriormente.
Leonardo Da Vinci foi un artista, científico e inventor do Renacemento italiano. Dise del que foi un home universal xa que foi á vez pintor, anatomista, arquitecto, paleontólogo, botánico, escritor, escultor, filósofo, enxeñeiro, inventor, músico, poeta e urbanista.
Podemos dicir que unha das súas grandes paixóns era o mundo do viño e que coñecía con detemento a viticultura, apreciaba o viño polo seu sabor e tamén polas súas propiedades artísticas e científicas.…