No museo temos unha colección de olas e garrafóns. As primeiras, ao contrario que os segundos (que son recipientes), son unha unidade de medida vixente en Galicia dende a implantación do Sistema Métrico Decimal mediante Real Decreto do 14 de novembro de 1879). Este sistema de medición é unha institución social, é dicir, abonda con que exista suficiente acordo en relación ao patrón para que sea considerada válida.
O resultado disto é a existencia de variantes na medida en cada país e, dentro deles, en cada rexión, provincia e incluso municipios. Este caos nas unidades de medida só foi posible nun mundo pouco globalizado e con transaccións comerciais limitadas, maiormente no ámbito local ou comarcal, moi lonxe do concepto que temos hoxe en día de comercio. Esta diversidade de medidas obrigaba a laboriosos cálculos para atopar as equivalencias e para non cometer erros nos contratos de compra-venda entre as persoas residentes en distintas zonas. Exemplo disto é o que escribe Avelino Sierra Fernández neste blog ao comentar as diferenzas de capacidade dos moios entre a parroquia de Parderrubias (Salceda de Caselas, Pontevedra) e outras próximas:
“En Parderrubias, Pereira de Montes e Mezquita, tiña a maior capacidade de toda a contorna, equivalendo a 147,60 litros do actual sistema; en Proente, Faramontaos, Entrambosríos e Forxas das Viñas, 139,40 litros; en Olás e Corvillón, 131,20 litros; en Vilar de Paio Muñiz, 123 litros. Nas tres primeiras Freguesías, o moiodividíase en 12 cuartas, de 24 cuartillos (cuartillo= 0,5125 litros). No resto das Freguesías, o moio dividíase en 10 cuartas ou 8 olas, así que a ola de Proente, Faramontaos, Entrambosríos e Forxas das Viñas equivalía a 17,40 litros; a de Olás e Corvillón, a 16,40 litros; e a de Vilar, a 15,30 litros”.
Aínda así, hoxe en día non é de extrañar que aínda queden residuos deste método nas contornas xeográficas, herdanza dos antepasados.
A continuación deixamos unha lista de equivalencias para líquidos na provincia de Ourense, recollida deste blog
|
Moio |
4 canadas / 8 moios |
256 cuartillos |
145,92 litros |
|
Canado |
2 olas ou 4 cuartas |
64 cuartillos |
36,48 litros |
|
Ola |
2 cuartas |
32 cuartillos |
18,24 litros |
|
Cuartas |
16 cuartillos |
9,12 litros |
|
|
Azumbre |
4 cuartillos |
2,28 litros |
|
|
Cuartillos |
20 onzas |
0,57 litros |
|
|
Azume |
1/2 cuartillo |
0,28 litros |
|
|
Onzas |
0,029 litros |