Blog
A “Botrytis cinera” é un tipo de fungo que ataca os órganos verdes dos viñedos, principalmente aos acios, atopándose presente en todas as zonas vitícolas da Península. Esta enfermidade aparece cando as condicións climáticas son desfavorables, con humidades e chuvias intensas na época de maduración das uvas. O fungo hiberna na cortiza e xemas das cepas e infecta durante a primavera, a través das feridas provocadas polas pragas, a sarabia ou mesmo polos animais.
O cultivo e o consumo de viño adquiriron dende a Antigüidade unha especial relevancia en diversos ámbitos da vida cotiá, influíndo xa dende a Antiga Grecia nos aspectos económico, social e relixioso. As amplas cualidades nutritivas convertíano nun produto esencial na dieta diaria da sociedade grega, servía para animar os banquetes e simposios das clases máis altas expresando certa distinción e xerarquización social, tiña o engadido de posuír un carácter sacro ou devocional ao formar parte de ritos relixiosos, sacrificios e libacións adicados aos deuses e…
Baseándonos no testemuño de Estrabón, o cultivo e a elaboración do viño na zona do Ribeiro remontase o século II antes de Cristo, tendo coma evidencia lagares de pedra que datan daquela época. Posteriormente as invasións xermánicas frearon a produción vitivinícola da comarca pero non fixeron que desaparecera e coa chegada da Idade Media foi o gran auxe deste traballo o que levou o Ribeiro o máis alto.
Grazas á colaboración de distintos países, entre eles España, Portugal e o sur de Francia xorde VINIoT, un proxecto de intelixencia artificial que ten coma obxectivo principal a creación dun servizo tecnolóxico de monitorización dos viñedos que axuden ás pequenas e medianas empresas no control das súas plantacións en tempo real e tamén a distancia.
Unha nova entrada coa que revelamos unha peza moi habitual na exposición permanente do Museo e a máis representativa dentro do mundo vitivínicola do Ribeiro, o culeiro. Ademais de coñecer en profundidade singularidades deste tipo de elementos tamén reunimos un repertorio fotográfico con imaxes procedentes dos municipios máis próximos da comarca.
A continuación achegamos o enlace para poder visualizar o vídeo completo: https://www.youtube.com/watch?v=RxWc4ZUv31I
Unha cata de viño é unha forma estruturada e formal de probar un viño. Existen 3 fases fundamentais a hora de catar un viño: a fase visual, a fase olfactiva e a fase gustativa.
Fase visual: Buscase apreciar o cor do viño, a súa transparencia e se ten burbullas. As 5 características máis importantes son: Limpidez (o transparente que sería o viño), a intensidade da cor, tonalidade da cor,…
Liderado pola adega Viña Costeira e apoiado pola Axencia Galega de Innovación, pertencente á Xunta de Galica, nace Libatio, un proxecto que quere transformar dixitalmente dous importantes procesos necesarios para a elaboración do viño: a fermentación e a maduración do caldo.
Son uns dos elementos más visibles das botellas de viño, localizados na parte superior e que recobren a cortiza e unha parte do colo do vidro, dende a boca ata o gollete. Falamos do encapsulado, parte importante pero non así imprescindible.
A vide é unha planta que vai medrando e estendéndose como unha especie de enredadeira, polo que permite que o seu cultivo se realice de diferentes maneiras segundo a zona na que nos atopemos. En Galicia podemos atopar tres formas características: o emparrado, a espaldeira e o vaso grego.
Chegados os meses de Maio e Xuño e o momento da esfarna, que noutras palabras é a floración da vide, o nacemento das uvas.