Blog

A vendima nocturna.
3 de Outubro do 2026

Cando o día chega ao seu fin o traballo comeza. Se mencionamos a vendima nocturna, con tan só ler estas palabras, é moi posible que sepades a que nos estamos a referir. Falamos dun xeito diferente no tocante á recollida da uva que, neste caso concreto, se realiza cando o día está a piques de rematar para aproveitar as baixas temperaturas que nos ofrecen as noites dos meses de agosto e de setembro.

1
19 de Setembro do 2026

Documental sobre o enólogo Raúl Pérez

"Pérez é unha figura única e inimitable, posuidora dun don especial que lle permite elaborar máis de 200 viños diferentes cada ano. En 2023, unímonos a el nun proxecto para crear un viño inesquecible —La Muria— a máis de 1.000 metros de altitude no Bierzo, e para sacalo ao mercado tras catro anos de esforzo dedicado".

Dispoñible en Cuatro e plataformas dixitais de mediaset.

1
29 de Agosto do 2026

Pechamos o VI Ciclo de Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, unha edición chea de música, cultura e momentos compartidos.

Queremos agradecer de corazón a todos os artistas que formaron parte deste ciclo e fixeron de cada encontro unha experiencia especial. E, por suposto, grazas a todas as persoas que nos acompañastes e fixestes posible esta edición coa vosa gran participación. 

Esperamos volver atoparnos o…

Feira do Viño do Ribeiro (Museo Etnolóxico de Ribadavia)
15 de Agosto do 2026

A primeira Feira do Viño do Ribeiro foi celebrada do 8 de abril ao 3 de maio de 1964 na Alameda de Ribadavia e contou coa particiación de nove concellos da comarca.  

A iniciativa, que naceu amparada polo propósito de recadar fondos para as festas patronais da Virxe do portal de Ribadavia, conseguiu reunir a adegas e máis de 500 viticultores. Bodegas Freijido, a Cooperativa de Leiro, Bodegas Rivera, Bodegas Alfonso, Bodegas Ramos, Pericocho, Bodegas Antero Docampo ou Bodegas Leopoldo Domínguez, entre outras, amosaron e promocionaron os seus viños nesta primeira…

1
8 de Agosto do 2026

Hoxe miramos ao pasado para entender o valor do noso. Nun documento de valor histórico dedicado ao arquitecto Antonio Palacios, de O Porriño, xa se destacaba con orgullo a presenza de “viños brancos e tintos das mellores bodegas do país e do Ribeiro”.

Non é casualidade. O Ribeiro leva sécuos sendo sinónimo de calidade, tradición e saber facer. Os seus viños acompañaron momentos clave da nosa historia, sendo símbolo de identidade.

Sistema de argón e agulla
25 de Xullo do 2026

Unha problemática frecuente á hora de consumir viño é saber como gardar o sobrante para que aguante o máximo posible. Unha vez aberta a botella, o osíxeno entra en contacto co líquido e comeza un imparable proceso de oxidación que, co tempo, remata por estragar o caldo.

Para retrasar este momento, traemos distintos métodos, dende os máis tradicionais ata dispositivos altamente tecnolóxicos: 

"Ribeiro, o pouso da historia"
11 de Xullo do 2026

"Ribeiro, o pouso da historia" trátase dun documental composto por cinco episodios sobre a historia da comarca vitivinícola do Ribeiro.

1
6 de Xuño do 2026

Escoitaches falar da "uva de fresa" das Rías Baixas? É historia viva de Galicia. 🍇🍇

Durante xeracións, en moitas casas cultiváronse estas uvas tan especiais, coñecidas tamén como "Catalán". O Seu segredo está no aroma: doce, intenso, con recordos a fresa e froitos vermellos que as fan inconfundibles.

Son uvas resistentes, rústicas e ligadas a unha viticultura máis tradicional. Con elas elaborábanse viños caseiros, lixeiros e moi aromáticos, perfectos para compartir en familia.

Factores do terroir
25 de Abril do 2026

Por terroir entendemos o resultante da interacción entre o ser humano e o mundo natural á hora de coidar das vides e de producir o viño. A partir da mestura das características climatolóxicas, dos solos e o ambiente, sumado ás técnicas e tradicións empregadas polos vitivinicultores, o produto final pode ser completamente distinto, aínda no caso de empregar as mesmas castes de uvas.

Este termo francés, de uso extendido, soe traducirse ao castelán e ao galego como terruño.

.
19 de Abril do 2026

O Camiño do Viño representa o intercambio comercial máis importante de Galicia dende o S.IX ata o XIX. O seu trazado percorre históricos lugares, aldeas senlleiras e as máis importantes adegas que os señores laicos e eclesiásticos de Galicia posuían no Ribeiro, para abastecer de viño a peregrinos, mosteiros, nobres e á realeza