"Ribeiro, o pouso da historia" trátase dun documental composto por cinco episodios sobre a historia da comarca vitivinícola do Ribeiro.
Este traballo audiovisual, realizado por Xoel Méndez, pon en valor os recursos do territorio do Ribeiro e céntrase na influencia do sector do viño no desenvolvemento económico e social ao longo dos anos nesta rexión, todo enriquecido coas aportacións de adegueiros, enólogos, historiadores e persoas do sector do viño desta comarca.
Este documental foi impulsado pola Ruta do Viño do Ribeiro, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, o INORDE e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro.
Estos capítulos están dispoñibles na canle de Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=tg9DTEgmtvQ