Blog
Marcando o arranque da Primavera de Portas Abertas, iniciativa organizada pola Ruta do Viño do Ribeiro e Enoturismo Galicia, o Museo do Viño de Galicia recibiu a visita institucional de representación do Concello de Ribadavia, a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, o Consello Regulador da D.O. Ribeiro e o Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Recórdase que tanto o cartel como o programa de actividades da Primavera de Portas Abertas pódese atopar nas redes sociais do museo ou en https://rutadelvinoribeiro.com/.
…
Con motivo da anual celebración da Feira do Viño do Ribeiro, o RibeiroBus voultou a percorrer as nosas estradas e paisaxes.
Un ano máis, a iniciativa demostrou o seu éxito e atractivo para o público. O vehículo, un autobús histórico modelo Mercedes-Benz O 3500, do ano 1954, realizou un maravilloso percorrido no que os visitantes se puideron achegar á historia, a natureza e o encanto da comarca do Ribeiro. Unha maneira ideal de coñecer a rexión e os seus viños nunha viaxe que contou con parada no Museo do Viño de Galicia.
Os arrieiros eran persoas que se dedicaban ao transporte de mercadorías, sobre todo nas zonas rurais e montañosas. Utilizaban mulas, cabalos ou bois para levar cargas por camiños difíciles e inaccesibles para os vehículos. Estes arrieiros desempeñaban un papel fundamental no comercio e a comunicación no rural galego, transportando produtos como viño, grans, sal, téxtil e outros bens de consumo.
Durante a época primaveral as vides tamén notan as oscilacións na temperatura e inician un proceso de rexeneración persoal, de ansiado florecemento, abandoando a época dos fríos invernais que as mantiñan adormecidas para así dar a benvida á agradable primavera. É, canto menos, un extraordinario fenómeno que sinala os primeiros indicios da tan esperada brotación.
Na actualidade, moitos viños compiten en concursos e certames de todo tipo para medir e certificar a súa calidade. Dende premios locais ata recoñecementos a nivel internacional, este tipo de competicións serven para diferenciar e destacar o produto vencedor. Este fenómeno, non obstante, dista de ser algo novedoso.
A tradición do "afiador" é unha parte importante da cultura galega, que se remonta a séculos atrás. O "afiador" é unha figura itinerante que percorre cidades e aldeas ofrecendo os seus servizos de afiado de coitelos, tesoiras, machados e outros utensilios de corte. Normalmente levan un instrumento para afiar, como unha moa ou unha roda xiratoria, e anuncian a súa presenza cunha chamada distintiva, como un asubío ou unha campá.
A presenta entrada recolle algúns dos carteis que ao longo do tempo promocionaron a Feira do Viño do Ribeiro, na que se poden apreciar como foron evolucionando os seus deseños e os diversos estilos escollidos dende 1964, data na que se celebrou a primeira edición.
Para descubrir outros carteis podedes entrar na web da Feira do Viño do Ribeiro (feiravinoribeiro.com/anteriores-edicions) ou mesmo visitar o Museo do Viño de Galicia, xa que contamos cun espazo adicado a esta festa enogastronómica.
O ser humano consume viño dende fai milenios, concretamente dende hai 8.000 anos. Esa é a cronoloxía que aportaron unhas cerámicas atopadas no sur de Xeorxia e pertencentes á cultura Shulaveri-Shomu. Datadas grazas ao carbono 14, nelas atopáronse restos de ácido tartárico, málico ou succínico, todos eles presentes nos procesos de fermentación do viño.
Aínda que pareza un invento recente, xa existían recipientes de formigón para almacenar ou vinificar o viño na Europa do século XIX, a estos añadíanlle un elemento extra para evitar o contacto do viño co cemento, principalmente por 3 motivos: evitar a degradación do depósito (o formigón é vulnarable a acidez do viño), evitar a contaminación no sabor do viño , e por último, facilitar a limpeza do contedor, previndo posibles contaminantes de bacterias ou fungos.
A uva Mencía agocha unha longa tradición xa que no pasado foi tan prezada que incluso os romanos cultivaron esta variedade no noroeste da Península Ibérica. Na documentación histórica tanto Estrabón (67 a.C.-24 d.C.) como Plinio o Vello (23-79 d.C.) sinalaban a existencia de viñedos na comarca casteloleonesa do Bierzo, onde predomina unha xeografía montañosa. Máis tarde, na Idade Media serían as ordes monásticas, principalmente os monxes cistercienses, as que se encargarían de estender o seu cultivo.