Blog

Cuncas e xerra de Niñodaguia
23 de Xullo do 2021

A olería é un dos oficios de tradición centenaria en Galicia vencellado dende a súa orixe coa cultura do viño. O consumo do viño ten unha dimensión social moi relevante xa que forma parte dos ritos relixiosos, das festividades e tamén do ámbito do fogar. Toca practicamente todas as facetas da vida e establece unha cultura e uns costumes comúns a cada grupo xerando unha longa tradición sobre estes saborosos caldos.

César "Cachín"
19 de Xullo do 2021

Nunha data tan sinalada coma a de hoxe para o Museo do Viño na que cumprimos dous anos de apertura, falamos cun dos viticultores máis especiais da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, César "Cachín", quen aposta pola tradición nas labores vitícolas, sempre dende o máis profundo respecto, unha tradición transmitida e herdada polos seus antepasados. 

Antonio Míguez
11 de Xullo do 2021

Antonio Míguez Amil é un dos grandes coñecedores do Ribeiro e das súas prácticas máis lonxevas, como deixar evolucionar os viños baixo terra ou como tratar a vide dende o respeto ao medioambiente e á propia planta son algunhas das súas grandes preocupacións. Na ligazón que segue, poderedes descubrir tamén cal é para Antonio a diferenza entre tradición e innovación. 

Tracción animal na viticultura.
3 de Xullo do 2021

Este 2021 o Consello Internacional de Museos propuña o lema "O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar", para nós isto implica falar dos retos obxecto do fío condutor da exposición do museo, como se vai reinventar o mundo da vitivinicultura? Ante tal pregunta impónsenos unha resposta interesante no noso labor coma divulgadores, presentámosvos a partir do testemuño de  José Luís Mateo unha posible volta ás prácticas tradicionais.

Recolleita das uvas, Santa Costanza, ca. 350 d.C.
19 de Xuño do 2021

Era o néctar dos imperecedeiros deuses e unha bebida eternamente desfrutada polo resto dos mortais. Ao longo da Antigüidade o viño converteuse nun símbolo de distinción e festexo nos eidos cultural e social, ao mesmo tempo que conformaba a base da dieta diaria das lonxanas sociedades gregas e latinas.

Lagar do Museo do Viño de Galicia
20 de Maio do 2021

Se miramos ao pasado atoparémonos con que unha das estruturas vencelladas á produción de viño é o lagar. Este tipo de estrutura, que servía para prensar a uva, xa se utilizaba en época romana, feito do que temos constancia grazas á datación do lagar rupestre de Santa Lucía de Astariz, situado no concello de Castrelo de Miño, do século III d.C.

Pandeireteiras. Daniel Rodríguez Castelao, 1942. Colección privada.
16 de Abril do 2021

Temos o compromiso de manter a nosa cultura e tradición vivas e activas, e as nosas letras gardan moita sabedoría! Este mes, imos rescatar algunhas coplas, refráns e retrouxos, cuxa presencia en foliadas e en oficios coma o dos cesteiros ou o dos ferreiros tivo gran pegada e cuxas variantes atópanse ao longo e ancho do país! 

A adega de Santo André de Camporredondo.
18 de Marzo do 2021

As adegas tradicionais conforman un dos bens patrimoniais máis representativos vencellados coa tradición vitivinícola, polo que conteñen en si mesmas un considerable valor cultural, histórico, pero tamén etnográfico xa que aportan unha interesante visión acerca dos modos de vida e os costumes máis ancestrais.

Pepa Rey
8 de Marzo do 2021

Co gaio do Día Internacional da Muller tivemos o pracer de recibir a visita da profesora Pepa Rey, docente do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións, centradas na Prehistoria, versan sobre cerámica, periodización cultural ou arte rupestre entre outros aspectos da nosa Historia. Mantivemos unha conversa con ela, coma homenaxe ao seu labor e coma exemplo de muller investigadora que abriu camiño a tantas outras que están aínda por vir. 

 

 

Fol de barquín da colección permanente do Museo do Viño de Galicia.
11 de Febreiro do 2021

Un dos colectivos de artesanía de maior importancia durante moitos séculos foi o dos ferreiros, encargado de realizar toda clase de ferramentas. Estes artesáns, estaban deificados na antiga Grecia, baixo a protección de Hefesto, deus asimilado posteriormente polos romanos baixo o nome de Vulcano. Ambos eran as deidades do lume e das fraguas.