Blog
Coñecido como torrado ou tostado, esta clase de viño inclúese dentro das Denominacións de Orixe Ribeiro e Valdeorras, pero, que sabemos sobre el?
Moitas veces chegades ao Museo do Viño preguntándonos como elixir entre todos os viños de excelente calidade que temos en Galicia pero asegurándovos de que o produto non sexa danino para a vosa saúde e sexa respectuoso co medio. Ben, pois hoxe traémosvos algunhas respostas e deixaremos algunha pregunta en aberto para cando veñades visitarnos e podamos seguir co debate en vivo.
A olería é un dos oficios de tradición centenaria en Galicia vencellado dende a súa orixe coa cultura do viño. O consumo do viño ten unha dimensión social moi relevante xa que forma parte dos ritos relixiosos, das festividades e tamén do ámbito do fogar. Toca practicamente todas as facetas da vida e establece unha cultura e uns costumes comúns a cada grupo xerando unha longa tradición sobre estes saborosos caldos.
Nunha data tan sinalada coma a de hoxe para o Museo do Viño na que cumprimos dous anos de apertura, falamos cun dos viticultores máis especiais da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, César "Cachín", quen aposta pola tradición nas labores vitícolas, sempre dende o máis profundo respecto, unha tradición transmitida e herdada polos seus antepasados.
Antonio Míguez Amil é un dos grandes coñecedores do Ribeiro e das súas prácticas máis lonxevas, como deixar evolucionar os viños baixo terra ou como tratar a vide dende o respeto ao medioambiente e á propia planta son algunhas das súas grandes preocupacións. Na ligazón que segue, poderedes descubrir tamén cal é para Antonio a diferenza entre tradición e innovación.
Este 2021 o Consello Internacional de Museos propuña o lema "O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar", para nós isto implica falar dos retos obxecto do fío condutor da exposición do museo, como se vai reinventar o mundo da vitivinicultura? Ante tal pregunta impónsenos unha resposta interesante no noso labor coma divulgadores, presentámosvos a partir do testemuño de José Luís Mateo unha posible volta ás prácticas tradicionais.
Era o néctar dos imperecedeiros deuses e unha bebida eternamente desfrutada polo resto dos mortais. Ao longo da Antigüidade o viño converteuse nun símbolo de distinción e festexo nos eidos cultural e social, ao mesmo tempo que conformaba a base da dieta diaria das lonxanas sociedades gregas e latinas.
Se miramos ao pasado atoparémonos con que unha das estruturas vencelladas á produción de viño é o lagar. Este tipo de estrutura, que servía para prensar a uva, xa se utilizaba en época romana, feito do que temos constancia grazas á datación do lagar rupestre de Santa Lucía de Astariz, situado no concello de Castrelo de Miño, do século III d.C.
Temos o compromiso de manter a nosa cultura e tradición vivas e activas, e as nosas letras gardan moita sabedoría! Este mes, imos rescatar algunhas coplas, refráns e retrouxos, cuxa presencia en foliadas e en oficios coma o dos cesteiros ou o dos ferreiros tivo gran pegada e cuxas variantes atópanse ao longo e ancho do país!
As adegas tradicionais conforman un dos bens patrimoniais máis representativos vencellados coa tradición vitivinícola, polo que conteñen en si mesmas un considerable valor cultural, histórico, pero tamén etnográfico xa que aportan unha interesante visión acerca dos modos de vida e os costumes máis ancestrais.