Blog
Durante os meses de novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo os viticultores realizan no viñedo os traballos de coidado e saneamento da vide coa poda que permite o posterior correcto desenvolvemento da vide. Esta, como vos falamos neste artigo pode realizarse en distintos momentos en función das variables do viñedo…
No Próximo Oriente o viño era considerado un produto exótico, sagrado, de prestixio destinado ás elites, que o utilizaban en cerimonias relixiosas e rituais como as liberacións e en banquetes tanto sociais como funerarios para facilitar o contacto co máis alá e cos Deuses.
O uso ritual do viño está confirmado dende a prehistoria, como ben o documentan os numerosos xacementos como Armení-1, o que confirma a práctica de rituais funerarios nos que o viño tiña un papel…
Unha enfermidade virulenta e perigosa que ameaza aos viñedos correspóndese coa chamada podremia negra ou black rot, un termo inglés polo que en moitas ocasións tamén é coñecida.
O viño quente ou especiado é unha preparación alcólica que se compón principalmente de viño, azucre, froita e especias. Ten a súa orixe en Europa e consómese nos meses de advento, é dicir, en novembro e decembro.
Ramón do Casar nace como unha adega na que se mesturan elementos como o son a tradición e os soños familiares con ese apego pola terra e polo viño galego. Tivemos o privilexio de conversar con Javier González, quen comparte as súas impresións co Museo do Viño de Galicia contando o que supuxo a elaboración do mellor viño de España, galardoado na cerimonia Premios Alimentos de España neste 2022, ademais de incidir na entregada aposta pola variedade Treixadura para a elaboración dos seus caldos.
Non cabe ningunha dúbida da fama e do prestixio nacionais e tamén…
Outra das plagas a destacar no viñedo é o mildio, o cal é unha enfermidade criptogámica das plantas, que pode manifestarse en 8-20 días segundo as temperaturas rexistradas. Ataca especialmente a vide e maniféstase pola aparición de manchas de aceite que poden producir danos en todos os órganos verdes da cepa: folla, gromos, inflorescencias, bagos e tamén nos gabiáns.
O século XIX estivo plagado de enfermidades para o viñedo, pois apareceron outras dúas pragas (ademais da filoxera) procedentes de América: o oídio e o mildeo. Na entrada de hoxe centrarémonos na primeira delas.
O oídio trátase dunha enfermidade fúnxica que ataca á folla, os gromos, á inflorescencia e aos acios.
Algunhas das grandes festas vinícolas do mundo romano foron as denominadas Vinalias.
Nun momento de precariedade como foi a posguerra española, na que as circunstancias económicas da época fixeron que a figura individualista do adegueiro e campesiño se volvese insostible, nacen as cooperativas nun intento de solventar a situación.
A falta de medios tanto económicos como físicos fixo que a produción de viño e o cultivo dos viñedos excedesen os custos estipulados chegando mesmo a dar perdas no canto de ganancias, polo que se optou por un novo…
Actualmente se escoitamos o nome de filoxera sabemos que se trata dun mal que afecta aos viñedos, pero esta enfermidade foi descoñecida durante moitos séculos, ata que en 1854 dáselle nome en Estados Unidos.
Sería a partir de 1863 cando comeza a aparecer nos cultivos europeos de Alemaña, Francia e Austria, seguramente a causa do comercio de vides que existía entre Europa e América para paliar os estragos dunha praga de oídio chegada a estas rexións unhas décadas…