Ramón do Casar, a recompensa ante unha vida de esforzo e traballo.

3 de Decembro do 2022
Javier González, Ramón do Casar

Ramón do Casar nace como unha adega na que se mesturan elementos como o son a tradición e os soños familiares con ese apego pola terra e polo viño galego. Tivemos o privilexio de conversar con Javier González, quen comparte as súas impresións co Museo do Viño de Galicia contando o que supuxo a elaboración do mellor viño de España, galardoado na cerimonia Premios Alimentos de España neste 2022, ademais de incidir na entregada aposta pola variedade Treixadura para a elaboración dos seus caldos.

Non cabe ningunha dúbida da fama e do prestixio nacionais e tamén internacionais que hoxe en día continúan acadando os excepcionais viños producidos no Ribeiro.

Para poder ver a devandita entrevista deixamos a continuación o seu enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=pM_MevFs-lY&t=69s