III. As enfermidades da vide: O mildio.

27 de Novembro do 2022
Outra das plagas a destacar no viñedo é o mildio, o cal é unha enfermidade criptogámica das plantas, que pode manifestarse en 8-20 días segundo as temperaturas rexistradas. Ataca especialmente a vide e maniféstase pola aparición de manchas de aceite que poden producir danos en todos os órganos verdes da cepa: folla, gromos, inflorescencias, bagos e tamén nos gabiáns. 

Outra das plagas a destacar no viñedo é o mildio, o cal é unha enfermidade criptogámica das plantas, que pode manifestarse en 8-20 días segundo as temperaturas rexistradas. Ataca especialmente a vide e maniféstase pola aparición de manchas de aceite que poden producir danos en todos os órganos verdes da cepa: folla, gromos, inflorescencias, bagos e tamén nos gabiáns. 

Os primeiros síntomas adoitan producirse a mediados do mes de abril (nas comarcas máis atlánticas). As manchas aparecen na cara da folla e son de cor amarela nas variedades brancas, e pardo-avermelladas nas tintas. Tamén é posible detectar o mildio no revés da folla,  xa que nela pode apreciarse a esporulación do fungo con aspecto de mofo branco, que é onde se liberan novas esporas que causan a propagación da enfermidade a través do vento ata outros órganos verdes da vide. Cando o mildio chega aos gromos tenros prodúcense danos, e estes adquiren un aspecto entre negro e pardo escuro, o que fai inservible o gromo. Se a enfermidade continúa sen tratamento pode chegar ata a floración e os acios repercutindo moi negativamente na calidade da colleita por falta de madurez, así como no bo agostamento da gomariza. Iisto pode ocurrir nos viñedos máis vigorosos nas parcelas húmidas. 

Do mesmo xeito que noutras pragas, o mildio na tempada de frío hiberna en forma de oosporas asociado ás follas contaminadas da campaña anterior, que están enterradas na superficie do solo, e unha vez que maduran as oosporas na primavera liberan as zoosporas que producen as primeiras contaminacións no viñedo. Este inóculo inicial chega ás cepas coas salpicaduras da auga das precipitacións no solo a través do vento. A temperatura tamén xoga un papel importante na aparición e produción de danos do mildio sendo as medias diarias inferiores a 13º inviables para as infeccións, mentras que a partir dos 15º pódense producir danos con impacto económico na colleita, e xa superando os 17º os danos son de carácter severo. 

Esta é a enfermidade que máis medidas de control fitosanitario precisa. Con efecto preventivo, 1-3 días previos á previsión das condicións de infección pódese aplicar fitosanitarios que teñan propiedades de acción curativa. Cando estes non son aplicados no momento adecuado só queda a opción de aplicar preparados con efecto erradicante, que eliminan a sintomatoloxía, ou antiesporulante, que impiden a formación de esporas contaminantes. 

En xeral, todas as variedades de uvas e cepas son sensibles ao mildio, aínda que algunhas son algo máis susceptibles, como poden ser o albariño ou a loureira.