Blog

Copa de Néstor de Isquia
1 de Marzo do 2025

“Son a copa de Néstor boa para beber

quenquera que beba desta copa

apoderarase inmediatamente del o desexo pola fermosamente coroada Afrodita”

1
22 de Febreiro do 2025

As raíces aéreas son estruturas especializadas que algunhas plantas desenvolven para obter nutrientes, auga ou soporte estrutural. Aínda que non todas as plantas as teñen, son comúns en especies como orquídeas, bromelias, algunhas especies de ficus e moitas plantas epífitas que medran nas selvas tropicais.

Funcións das raíces aéreas:

Virxilio Fernández Cañedo
15 de Febreiro do 2025

No aniversario do seu nacemento recordamos a unha das persoas que configuraron o grupo dos chamados “Os artistiñas”, promovido polo escritor Vicente Risco. Un dos seus integrantes foi Virxilio Fernández Cañedo, artista ourensán nado en 1925 e un dos referentes da pintura galega de finais do século XX.



Na súa tan variada obra o artista reinterpreta dende a súa perspectiva as paisaxes rurais, os oficios e as xentes de Galicia, unha terra á que sempre estivo moi vencellado.



Recreación del método de almacenaje de ánforas en embarcaciones (Empúries)
8 de Febreiro do 2025

Un mosto das mesmas uvas pode resultar en viños completamente diferenciados en función das condicións e lugares onde se fermente e almacene. É algo que chega ata niveis evidentes nos casos nos que estos procesos se fan en espazos pouco habituais ou extremos. Entre eles chama a atención o dos “viños mareados” ou de “ida e volta”, viños nos que parte do proceso de fermentación e crianza se fai a bordo de embarcacións. 

1
1 de Febreiro do 2025

A tradición dos mulidos é unha práctica cultural e festiva que se desenvolve nalgunhas comarcas rurais de Galicia. Esta tradición vén asociada habitualmente á festa de San Sebastián, que se celebra o 20 de xaneiro.

Viño posca.
25 de Xaneiro do 2025

En lingua latina o denominado 𝐩𝐨𝐬𝐜𝐚 era o viño acedo ou acetum, unha bebida romana producida a partir de vinagre diluido en auga, aínda que nalgúns casos nos que o sabor acadaba niveis desagradables podían engadir herbas aromáticas.

Copa de viño laranxa.
18 de Xaneiro do 2025

Se pensamos en tipos de viño chegan á nosa mente, entre outras, palabras como tinto, branco, rosado, clarete ou espumoso. A todas estas tipoloxías habería que engadir unha cun nome máis peculiar, a dos viños laranxas ou brisados.

Malia a aparente rareza da súa cor, que lles da nome, estes caldos alaranxados distan de ser unha novidade ou unha excentricidade recente e poden remontar a súa historia e orixe a miles de anos en países como Xeorxia.…

1
11 de Xaneiro do 2025

O traballo no viñedo divídese segundo as estacións. No outono e no inverno realízase a poda, que polo xeral se estende dende decembro a marzo antes do inicio da brotación. É un traballo crucial porque dela depende o crecemento da vide e a produción da uva. Seguiriamos coa ata e a inxerta con ferramentas típicas como poden ser os podóns, a tesoira de podar, as navallas de enxerto e o vimbio para atar.



Seguindo coa primavera dase unha primeira cava para osixenar a terra e aplicamos a primeira man

IV. Os viños romanos: O viño sapa.
4 de Xaneiro do 2025

A gastronomía romana era tan ampla como interesante, e é por iso que hoxe vos traemos unha nova tipoloxía de viños. Unha clase de viños romanos ben diferenciada era a dos vina cocta, que se conseguían coa redución da cantidade do mosto trala cocción e que, dependendo desta porcentaxe podía distinguirse o defrutum (reducido á metade), o carenum (reducido ao terzo) e o 𝐬𝐚𝐩𝐚 (obtido pola cocción de dúas terzas partes).



1
28 de Decembro do 2024

Cada 31 de decembro, ao sonar as badaladas da Porta do Sol, comemos 12 uvas para atraer a sorte nos 12 meses do ano. Esta tradición remóntase ao século XIX, cando as uvas eran un símbolo de abundancia nos banquetes da burguesía. As clases máis baixas comezaron a imitar esta práctica durante as badaladas, converténdose nun ritual que aínda hoxe celebramos.