En lingua latina o denominado 𝐩𝐨𝐬𝐜𝐚 era o viño acedo ou acetum, unha bebida romana producida a partir de vinagre diluido en auga, aínda que nalgúns casos nos que o sabor acadaba niveis desagradables podían engadir herbas aromáticas.
A pesar de que o viño era consumido normalmente nos campamentos romanos os lexionarios tamén bebían os de esta tipoloxía, pero nunha menor proporción. Entre as clases máis baixas era unha bebida habitual debido a que cando o viño se avinagraba durante a fermentación o seu prezo reducíase.
Unha das principais vantaxes era que servía para previr a disentería e coa súa acidez facía diminuir a presenza de xermes que podían provocar desordes gástricos, uns patóxenos moi comúns nas augas dos ríos.
📷 Imaxe: Mosaico romano do s. II a.C., atopado na cidade portuaria de Caesarea. Museo Arqueolóxico de Cherchell (Alxeria).