Blog
Novo libro dispoñible no Museo do Viño de Galicia.
"O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Monterrei", da man do seu autor, Bruno Rúa Martínez é unha guía con fichas e referencias relacionadas coa comarca do Monrterrei. Este libro, o segundo dunha serie, está adicado a documentar bens móbeis relacionados co mundo do viño.
En Betanzos, algúns colleiteiros aínda manteñen o ancestral costume de pendurar ramos de loureiro no exterior das súas adegas. Isto, que se emprega como reclamo da dispoñibilidade de viño do País para a venda, ten unha orixe ben remota e xa se atopan mencións documentais a esta práctica nas Ordenanzas da vila do século XVI.
Curiosamente, algo idéntico é tradicional en zonas de Portugal como Coímbra, dando evidencia dos fortes lazos históricos e culturais existentes entre Galicia e o norte portugués.
Cando falamos de bebidas festivas en Galicia, axiña veñen á mente nomes como a queimada ou os viños das Rías Baixas. Porén, entre os licores cun lugar especial na memoria colectiva figura o viño Sansón, un clásico humilde e agarimoso que acompañou xeracións en romarías, reunións familiares e festas de aldea.
Que é exactamente o viño Sansón?
Na véspera da festividade do Santo André, recollemos tres refráns que conectan á festa co mundo do viño. Ademais da súa importancia no santoral, este santo ocupa un especial lugar para o Museo do Viño de Galicia, sendo o patrón do pobo onde está situada a antiga reitoral de Santo André de Camporredondo.
- Ende vindo Todos Santos e pasando San Andrés, viño novo, vello é
- Polo San Andrés, o mosto viño é
- Polo San Andrés, o viño novo vello é
Como podemos ver, todos estes refráns fan referencia clara ao paso do tempo que a data do Santo André marca con…
Témosvos falado nalgunha ocasión da tradición vinícola no antigo Exipto, pero debemos agora poñer a atención no etiquetado, que serve como documento histórico revelador de información valiosa.
Koshu é unha variedade de uva autóctona do Xapón cultivada dende fai miles de anos, que procede dun cruce entre variedades de Asia central e uvas silvestres xaponesas. A súa pel rosada, a súa maduración lenta e a súa admirable resistencia á humidade convértena nunha das poucas uvas viníferas que se adaptaron de maneira natural ao clima xaponés.
A rexión máis emblemática para esta variedade é Yamanashi, ao pe do monte Monte Fuji. As súas altitudes moderadas, a brisa fresca e un terroir único, permiten obter uvas de gran…
Na actualidade pode resultar estraño falar de viñedo na cidade de Ourense, pero non foi así durante a maior parte da súa historia. Xa dende a Idade Media, este terreo, que moitas veces aparece mencionado como Ribeiro do Miño, acadou unha importancia vitivinícola que fixo que chegase a rivalizar co hoxe máis célebre Ribeiro do Avia.
Entorno de viño e rosas... Algúns viticultores deciden plantar rosais nos estremos dos seus viñedos pero, é esta unha coincidencia que se da por motivos estéticos para embelecer aínda máis se cabe a paisaxe na que traballan? Nada máis lonxe da realidade! Esta decisión ten máis lóxica da que se pensa nun primeiro momento.
O viño como mediciña no século XIX e XX denominábano como "viño tónico", "viño de quina", "viño de ferro", "viño medicinal" ou "viño para enfermos".
Usábase para estimular o apetito, combater a anemia, axudar a dixestión, axudar ao sono, analxésico ou menos como reconfortante para convalecencias. Adoitaban ser viños xenerosos (tipo xerez ou Málaga doce) e estaban enriquecidos con quina, sales de ferro ou extractos de herbas dixestivas ou estimulantes.
O etiquetado contiña mensaxes como: Recupera…
O batonnage é unha técnica enolóxica que se emprega na elaboración de viños brancos e, en menor cantidade, dalgúns tintos. Consiste en remexer as lías (lévedas, proteínas ou outros restos que se acumulan durante a vinificación) de forma regular e empregando unha vara ou batoneador, que é o que lle concede o nome ao proceso.