Introdución á cata

10 de Setembro do 2023
Introdución á cata

Unha cata de viño é unha forma estruturada e formal de probar un viño. Existen 3 fases fundamentais a hora de catar un viño: a fase visual, a fase olfactiva e a fase gustativa.

Fase visual: Buscase apreciar o cor do viño, a súa transparencia e se ten burbullas. As 5 características máis importantes son: Limpidez (o transparente que sería o viño), a intensidade da cor, tonalidade da cor, fluidez e efervescencia.

O funcionamento desta fase consistiría en mollar as paredes da copa inclinándoa e dándolle voltas para apreciar a súa fluidez.

Fase olfactiva: Identificamos no viño os diferentes aromas que poidan estar presentes no mesmo, incluíndo posibles cheiros desagradables que puidesen significar un defecto no viño ou o seu posible mal estado, e a súa vez, podemos dar unha pista do novo ou vello que poida ser ese viño.

Unha vez realizada esa acción, poderemos distinguir o aroma, que se divide en tres grandes grupos:

-Primario: refírese os olores que proveñen das froitas e das flores (pasas, moscatel, cereixa, arándanos, manzanilla, melocotón, noz, aceituna)

-Secundario: olores que proveñen da fermentación (alcohol, sulfuroso, cloro)

-Terciario: olores que proveñen da garda ou do avellentamento (madeira, afumado, tostado, incenso, vainilla).

Esta é unha fase complexa, xa que temos que tentar de adiviñar descritores de cores (amarelo, vermello etc.) e descritores gustativos (doce, salgado, accedo ou amargo). O procedemento, e moito máis sinxelo, acercamos a copa ao nariz e aspiramos o aire.
 

Fase gustativa: como dixemos anteriormente, existen 4 sabores básicos: doce, salgado, accedo ou amargo, que se perciben en diferentes partes da lingua.

O procedemento e sinxelo, tómase un sorbo e distribúese sobre toda a cavidade bucal, buscando identificar os sabores que se perciben e que persisten despois de tragar o viño.

Para unha experiencia máis profesional, no segundo sorbo debería tomar un pouco de aire pola boca e expulsalo polo nariz.