
Liderado pola adega Viña Costeira e apoiado pola Axencia Galega de Innovación, pertencente á Xunta de Galica, nace Libatio, un proxecto que quere transformar dixitalmente dous importantes procesos necesarios para a elaboración do viño: a fermentación e a maduración do caldo.
Para levar a cabo a introducción da tecnoloxía nestes procesos necesitouse a participación de catro empresas sendo estas: Viña Costeira, SC Robotics −empresa deseñadora da solución loT−, Nigal −encargada da análise de datos mediante intelixencia artificial− e Indominus AS −especializada en xestión de proxectos de innovación e enxeñaría computacional−.
Dentro deste proxecto estanse a desenvolver unha plataforma web e uns dispositivos loT que nos axudarán a monitorizar en tempo real o proceso de maduración do viño almacenado nos depósitos de aceiro e tamén poderase levar a cabo, a través desta tecnoloxía, unha análise da superficie do viño por medio de intelixencia artificial para atopar a presenza de bacterias.
No caso da fermentación, a través do Proxecto Libatio poderemos facer unha simulación deste proceso e daranos como resultado unha predición aproximada sobre a evolución dos sustratos que atopamos no aroma e sabor do viño. Tamén se quere mellorar e controlar o gasto enerxético das adegas por medio do control de temperatura dos tanques durante o proceso de fermentación.
Non é a primeira vez que se introducen novas tecnoloxías nas adegas e no campo. Antigamente xa estaban dixitalizados os procesos de embotellado e os traballos no viñedo, pero é agora cando se está a implementar a intelixencia artificial que nos vai permitir aforrar en enerxía e polo tanto reduciremos o impacto medioambiental, axudará a diminuír a perda de viño a consecuencia das bacterias e por último eliminaríamos o vello sistema de apertura de depósitos.
Para cumplir estes obxectivos as empresas participantes aportaron melloras como por exemplo a creación de tapas intelixentes para os depósitos que incorporan sensores que detectan o estado do tanque sen ter que abrilo, e cuxos resultados pódense consultar no móbil ou no ordenador.
Libatio poderase empregar nun futuro en dispositivos Android e IOS tendo así toda a información en tempo real e ó alcance da man.