Unha homenaxe a Virxilio Fernández Cañedo no aniversario do seu nacemento.

15 de Febreiro do 2025
Virxilio Fernández Cañedo

No aniversario do seu nacemento recordamos a unha das persoas que configuraron o grupo dos chamados “Os artistiñas”, promovido polo escritor Vicente Risco. Un dos seus integrantes foi Virxilio Fernández Cañedo, artista ourensán nado en 1925 e un dos referentes da pintura galega de finais do século XX.



Na súa tan variada obra o artista reinterpreta dende a súa perspectiva as paisaxes rurais, os oficios e as xentes de Galicia, unha terra á que sempre estivo moi vencellado.



Dentro das súas pinturas, caracterizadas por unha importante forza cromática e con vivas cores, Virxilio tamén lle adica un pequeno espazo á temática vitícola, sendo moi cotiá atopar composicións como as que vos ofrecemos, nas que predominan acios de uvas e follas de parra, ao tempo que inmortaliza baixo a súa pincelada escenas durante a vendima, nas que sobresaen as vendimadoras e destaca o papel da muller traballadora do rural.



📷 Obras da Colección de Arte ABanca