O Nadal, unha época de tradicións: o viño quente.

17 de Decembro do 2022
viño quente

O viño quente ou especiado é unha preparación alcólica que se compón principalmente de viño, azucre, froita e especias. Ten a súa orixe en Europa e consómese nos meses de advento, é dicir, en novembro e decembro.

A primeira constancia que temos deste viño quente é na Antiga Roma, onde se denominaba “conditum”, un viño edulcorado con mel e condimentado con especias como a pementa ou as herbas aromáticas ás que se lle atribuían funcións de curación, xa que, incluían plantas medicinais. A receita máis destacada é a do gastrónomo romano Marco Gavio Apicio chamada “conditum paradoxum”. Nela, o viño era edulcorado con mel e logo agregábaselle pementa, mástique, follas de loureiro, malabar, azafrán e dátiles. Esta receita atópase publicada no primeiro tomo do seu libro “de re conquinaria”.

Durante a Idade Media, Hipócrates popularizou o “hipocrás”, unha bebida que consistía en quentar viño, edulcorado con mel e condimentado con diferentes especias como poderían ser: noz moscada, canela, xenxibre, pementa, etc. No libro de cociña “the forme of cury” publicado no Reino Unido sobre o ano 1390 inclúese una receita de viño quente que se preparaba triturando canela, xenxibre, galanga, pementa larga, noz moscada e cárdamo.

No Renacemento chegará ata Suecia grazas ao monarca Gustavo I (1496-1560) facéndose moi popular e adquirindo o nome de “glogg” (quentar con especias) que adquirirán outras linguas nórdicas.

Posteriormente, na Idade Contemporánea, empezou a asociarse co nadal e os comerciantes ofrecían a súa propia versión en botellas con etiquetas chamativas e acordes con esta época tan sinalada. Sendo un elemento típico do nadal, este pode atoparse en numerosos mercados navideños do centro de Europa, nas celebracións familiares ou en festas.

A modo de curiosidade, dicir que en Austria e en Italia, este elabórase con viño branco.

 

Fotografía: Bodega Garzón