De aniversario con César "Cachín", viticultor da Ribeira Sacra.

19 de Xullo do 2021
César "Cachín"

Nunha data tan sinalada coma a de hoxe para o Museo do Viño na que cumprimos dous anos de apertura, falamos cun dos viticultores máis especiais da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, César "Cachín", quen aposta pola tradición nas labores vitícolas, sempre dende o máis profundo respecto, unha tradición transmitida e herdada polos seus antepasados. 

A modernidade no eido vinícola favoreceu a elaboración de viños galegos de maior calidade e máis competitivos no actual mercado, convertendo á viticultura nun medio de vida cada vez máis prezado para as novas xeracións.

El mesmo, augúralle un moi bo futuro á viticultura, sempre e cando se combine co respeto ao medio, para conseguir que lugares como a Ribeira Sacra sexan coñecidos mundialmente pola calidade de todos os seus productos.

Clicade na seguinte ligazón para ver o video completo!