José Luís Mateo e a recuperación da tracción animal nos traballos vitícolas.

3 de Xullo do 2021
Tracción animal na viticultura.

Este 2021 o Consello Internacional de Museos propuña o lema "O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar", para nós isto implica falar dos retos obxecto do fío condutor da exposición do museo, como se vai reinventar o mundo da vitivinicultura? Ante tal pregunta impónsenos unha resposta interesante no noso labor coma divulgadores, presentámosvos a partir do testemuño de  José Luís Mateo unha posible volta ás prácticas tradicionais.

Se existe unha práctica en risco de desaparición nas viñas galegas son os labores de tracción animal. Porén, as súas virtudes son tantas, especialmente á hora de traballar en ecolóxico, que é posible reimaxinar un futuro para estes nobles traballos, como podemos descubrir neste vídeo da man de José Luís Mateo, viticultor de Monterrei que hoxe é un referente internacional na recuperación de castes autóctonas, procesos de vinificación tradicionais e elaboración ecolóxica.

E ademais, un detalle inesperado: a fermosura do traballo do cabalo, todo un profesional -xornada de oito horas, descansos intermitentes e un lameiro fresco para pacer solto ao rematar- cunha adicación e unha atención que nos lembra á dun traballador vocacional. 

Para descubrir máis, clica na seguinte ligazón: