Ciclo da vide

11 de Xaneiro do 2025
1

O traballo no viñedo divídese segundo as estacións. No outono e no inverno realízase a poda, que polo xeral se estende dende decembro a marzo antes do inicio da brotación. É un traballo crucial porque dela depende o crecemento da vide e a produción da uva. Seguiriamos coa ata e a inxerta con ferramentas típicas como poden ser os podóns, a tesoira de podar, as navallas de enxerto e o vimbio para atar.



Seguindo coa primavera dase unha primeira cava para osixenar a terra e aplicamos a primeira man

de fitosanitarios para evitar as enfermidades fúnxicas. Tamén sería a época de desbrotar ou desfollar se fose necesario. Neste momento é cando se da a floración que dará lugar aos acios.



Coa chegada do verán seguimos aplicando capas de fitosanitarios segundo o clima do ano; canto máis humidade, máis fitosanitarios debemos aplicar.

A finais, entre os meses de agosto e setembro chegaría a vendima, na que antigamente no Ribeiro participaban as mulleres, os homes e incluso os nenos. 🍇