O viño no recetario de Juan Gil de Zamora

16 de Marzo do 2024
Miniatura

Nado probablemente na cidade de Zamora no 1240, foi un intelectual franciscano estreitamente relacionado coa Corte Real. Comezou os seus estudos en Santiago de Compostela e, aproximadamente no 1273, foi enviado a París para continuar coa sua formación. Foi tanto escritor enciclopédico, especializado en medicina, historia, música, bioloxía e gramática, como espiritual, compoñendo poesías e sermóns. Foi “scriptor” de Alfonso X, quen parece encomendarlle a educación do seu segundo fillo, Sancho IV, a quen lle adica a súa obra De preconiis Hispaniae. Tan alta era a súa consideración que colaborou co monarca “Sabio” na elaboración directa da Crónica General e das Cantigas de Santa María

De entre a súa extensísima obra, destaca a Historia Naturalis, escrita a finais do XIII, na que se pode ver a importancia do viño na farmacoloxía e medicina medievais, herdanza doutras tradicións maxistrales como a grega, a romana ou a árabe. 

Seguindo as ensinanzas doutros filósofos anteriores, sinala que el vino bebido con moderación resuelve los estiramientos, los bostezos y la rigidez. Baséase nas ensinanzas de Hipócrates (século III a. C.) e de Galeno (século I d. C.). De ambos conclúe que o adecuado sería beber a mesma cantidade de auga que de viño, xa que rebaixado calienta el corpo, penetra en los miembros, suaviza los humores y excita el calor natural (páxinas 319-321). 

Para cortar la diarrea, simplemente recomenda beber agua de rosas [...] sola o con vino (páxina 911). 

Á perda de cabelo intentouse poñer remedio coa mezcla de tres dracmas de euforbio, de espuma marina y de estiércol de paloma; dos dramas de eléboro blanco, de semilla de ruda, de cortezas de avellanas, de espiga, de narciso, de estafisagra y de mastuerzo; machácalo todo hasta convertirlo en polvo muy fino, mézclalo con vino cocido [...], unta la cabeza del enfermo y déjala así durante toda la noche [...] (páxina 357). 

Contra a lepra aconsella diluir dragacanto blanco y gomo arábiga en agua de rosas; se mezcla con igual cantidad de ungüento y se unta la cara del enfermo [...], permaneciendo toda la noche [...]; por la mañana se lava la cara con el vino donde haya cocido una serpiente -se dice que el vino gusta mucho a las serpientes- (páxina 361).

Se o que se intenta tratar son hemorroides dése al enfermo poción de marrubio, 'avancia', milhojas y llantén, mezclados y hervidos en vino aplicándoo directamente na inchazón ou ben coge una medida de betónica, agrimonia, mentastro, milhojas, 'artia', llantén, fresa, una onza de pimienta y aproximadamente media de vino; machácalo todo junto y bebe en ayunas esa poción durante nueve días (páxinas 496-497). Se as hemorroides están especialmente inflamadas prepárese al enfermo una estufa a base de vino blanco, donde hayan cocido previamente hierbas cálidas tales como ajenjo, poleo, ruda, salvia, nevada, calamento, marrubio blanco, todos en igual cantidad; y reciba la estufa a través de una silla agujereada (páxina 499).

Máis non só tiña calidades curativas, tamén se podía utilizar a modo de cosmético. Por exemplo, para quitar as manchas da pel, facela máis luminosa, para conservar a xuventude e para hacer hermosos los ojos, Gil de Zamora aconsella coller limaduras de oro, de plomo, de plata, de cobre, de hierro, de cálibe, de cadmia áurea y argéntea. [...] El primer día lo pones [...] en orina caliente de un niño virgen, el segundo día lo pones en vino blanco caliente; el tercer día en jugo de hinojo; el cuarto en claras de huevo; el quinto en leche de mujer que esté criando y amamantando a una niña; el sexto en vino tinto; el séptimo en claras de huevo asadas. Ha de ponerse todo ello [...] en un alambique a fuego lento y lo que destile (páxina 911). 

Moitas son as doenzas e enfermidades que o viño podía curar. Aínda que hoxe en día a súa eficacia é máis que dubidosa, este tipo de recetas permanecen na mentalidade colectiva. Son os remedios naturais e caseiros que nos contan as nosas avoas e que tanto peso teñen na nosa cultura.