Sol nos salgueiros: O viño tostado na literatura galega

6 de Xullo do 2024
1

Neste blogue xa se adicou unha entrada ao viño tostado, sen embargo, hoxe queremos enfocar este pequeno estudo ao papel que este ocupou na literatura galega do último século. 

O viño tostado foi e segue sendo símbolo do Ribeiro. Coñecido como viño exclusivo da fidalguía galega, moitas foron as verbas que os máis ilustres dos escritores e escritoras galegas adicaron a este zume. 

Emilia Pardo Bazán, a pesar de padecer do fígado foi unha amante deste viño, ao que lle chama “vino claro color topacio” e do que di que ten un sabor “meloso” e que é “amable ao paladar” ademais de que “es puro, sin mezcla, salvo el azufre utilizado para evitar el oidium”.

Pola súa parte, Álvaro Cunqueiro, amante do viño e viaxeiro de tabernas, na súa obra La cocina cristiana de Occidente pondera e exalta este viño ao dicir que é “madre de levitaciones”. Igualmente, en Merlín e familia, o mago recomenda ao mestre Flute que bebera unha chiquita de tostado para que se lle pasaran os ronquidos. 

Ramón Otero Pedrayo evoca de forma fermosísima a cor do tostado na súa obra El desengaño del prior, del di: “Un groliño do tostado ribeiro, é sol nos salgueiros e nas parreiras dos teus ollos”. 

Xa vedes, este viño nobre leva namorando a xente dende fai séculos. Hoxe en día hai cada vez máis adegas que o están a recuperar e con el -esperamos- estas palabras tan fermosas.