Cales eran os recipientes que se usaban para a elaboración, consumo e transporte do viño na antigüidade? Hoxe falaremos sobre vasos cerámicos, aínda que tamén habería outros de pel, como os pellejos, odres ou os toneis de madeira.
𝐕𝐚𝐬𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐚𝐫.
- D𝑖𝑛𝑜𝑠 e 𝑐𝑟á𝑡𝑒𝑟𝑎𝑠: caracterizados por ser grandes recipientes de boca ampla, apta para remover os líquidos e poder introducir neles un cacillo ou a propia copa, tal e como se ve nalgunhas escenas.
𝐕𝐚𝐬𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐫.
- 𝐸𝑛𝑜𝑐𝑜𝑒: xarra de pescozo alto, asa vertical, corpo de maior anchura na súa metade superior e boca trilobulada para verter con comodidade.
- 𝑂𝑙𝑝𝑒: similar ao énocoe pero coa boca circular (non trilobulada) e moi exvasada, e co corpo de maior diámetro na metade inferior.
- 𝐿𝑎𝑔𝑖𝑛𝑜𝑠: xarra de pescozo alto e estreito, corpo ancho e baixo, boca pequena e circular e unha esvelta asa vertical.
𝐕𝐚𝐬𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐛𝐞𝐛𝐞𝐫.
- 𝐶í𝑙𝑖𝑐𝑎𝑠: etimolóxicamente, o antecedente do cálice. Copa de asas horizontais, pe anular e con corpo pouco profundo e ancho.
- 𝐸𝑠𝑐𝑖𝑓𝑜: mesmo prototipo que o anterior con pe baixo, vaso profundo e alto, e asas horizontais.
- 𝐶𝑎𝑛𝑡𝑎𝑟𝑜: vaso con grandes asas verticales sobreelevadas e con pe alto.
𝐕𝐚𝐬𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐥𝐢𝐛𝐚𝐫.
- 𝐹𝑖𝑎𝑙𝑎: as libaciones na Antiga Grecia era ofrendas aos deuses consistentes en derramar líquido mentras se pronunciaba unha oración. Neste senso, este tipo de vaso atópase en contextos arqueolóxicos, funerarios ou en santuarios. Son cuncas de base cóncava cun oco central que sobresale en relevo polo interior.