IV. Os viños romanos: O viño sapa.

4 de Xaneiro do 2025
IV. Os viños romanos: O viño sapa.

A gastronomía romana era tan ampla como interesante, e é por iso que hoxe vos traemos unha nova tipoloxía de viños. Unha clase de viños romanos ben diferenciada era a dos vina cocta, que se conseguían coa redución da cantidade do mosto trala cocción e que, dependendo desta porcentaxe podía distinguirse o defrutum (reducido á metade), o carenum (reducido ao terzo) e o 𝐬𝐚𝐩𝐚 (obtido pola cocción de dúas terzas partes).



A cocción á que se sometía o sapa orixinaba o aumento tanto do azucre natural como do seu alcol. Ao proporcionar viños dun sabor máis doce tiñan un importante valor como produto edulcorante para condimentar distintos pratos, pero por outra banda servían para conservar alimentos como as olivas, froitas como as amoras ou os péxegos e tamén para mellorar aqueles viños de peor calidade.

📷 Imaxe: Relevo en terracota que representa a un par de sátiros axeonllados recollendo acios de uva. 100-150 d.C. Museo Británico (Londres).